spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior presenta a XXXV edición da súa Festa da Ostra de Arcade

Soutomaior presenta a XXXV edición da súa Festa da Ostra de Arcade

A Casa do Concello de Soutomaior acolleu un ano máis a presentación da XXXV Festa da Ostra de Arcade

Cousas de revista nº16

A gran cita culinaria do municipio que se celebrará a primeira fin de semana de abril e que tradicionalmente reúne a máis de 30.000 asistentes que consomen ao redor de 115.000 exemplares do prezado molusco, cifras que o Concello espera superar nesta edición grazas á coincidencia de datas co inicio da Semana Santa. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, detallou o programa de actividades acompañado pola edil de Cultura, Noelia Ocampo, e os hostaleiros que participan na celebración.

Declarada Festa de Interese Turístico no ano 2002, a Festa dá Ostra de Arcade supón unha das citas gastronómicas do ano en Galicia e recibe miles de visitantes chegados de toda España. Como vén sendo tradicional, para maior comodidade, tanto dos asistentes como dos encargados dos postos, o recinto da festa instalarase no aparcamento do Peirao de Arcade.

Programa XXXV Festa da Ostra

Durante a presentación, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou a importancia desta festividade para a economía local. “Desde o punto de vista turístico e gastronómico, esta festa dálle a Arcade unha proxección internacional incalculable. É un gran impulso para a economía local xa que supón un gran pico de actividade para os máis de 15 establecementos hostaleiros que participan na celebración, ofertando diferentes preparacións da ostra e ampliando o abanico de posibilidades gastronómicas para todos os visitantes”, explicou o rexedor.

Do mesmo xeito, Reguera explicou que, como xa sucedeu nas dúas últimas celebracións, todo o material usado será respectuoso co medio ambiente. “Os vasos, pratos e cubertos, todo é 100% biodegradable e procedente de fontes responsables”, finalizou o alcalde.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.