spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior presenta a súa campaña do 25N baixo o lema "ultravioleta"

Soutomaior presenta a súa campaña do 25N baixo o lema “ultravioleta”

Soutomaior presenta a súa campaña do 25N baixo o lema ultravioletaA iniciativa será divulgada a través do comercio local e conta coa colaboracion de varias costureras locais que elaboraron unha máscara conmemorativa

O Centro de Información á Muller (CIM) de Soutomaior e o Concello presentaron esta pasada semana a campaña municipal para conmemorar o 25- N, Día Internacional contra as violencias machistas, baixo o lema “ Ultravioleta”. Do mesmo xeito que esta luz permite resaltar na escuridade rastros que pasan desapercibidos á luz do día, a campaña quere axudar “a detectar violencias que temos normalizadas, mesmo xustificadas”, explicou a concelleira de igualdade, Cristina González, “como as que se exercen dentro das relacións de parella ou ao poñer obstáculos ao desenvolvemento laboral das mulleres”.

Esta campaña do CIM de Soutomaior está ilustrada pola artista viguesa Andrea Jano e desenvolverase coa participación do comercio local. Así, os establecementos adheridos contribuirán dando visibilidade á iniciativa nos seus escaparates e lucindo as máscaras violetas coa imaxe da campaña que foron confeccionadas por costureras do municipio.

Así mesmo, no Facebook do Centro de Información ás Muller (CIM) publicaranse durante toda a semana diferentes traballos sobre a campaña “que pretenden visibilizar os micromachismos e outras formas de violencia machista”, indicou González.

Por último, a Biblioteca Municipal de Arcade tamén se suma á iniciativa “ Ultravioleta” cunha caseta especifico en que se poderán atopar libros específicos relacionados coa violencia de xénero que estarán dispoñibles durante as próximas semanas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.