spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior presenta a oseu XXI Certame da Camelia

Soutomaior presenta a oseu XXI Certame da Camelia

Soutomaior presenta a oseu XXI Certame da CameliaA mostra entregará máis de 20 premios ás mellores composicións florais

Cousas de revista nº16

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Turismo, Cristina González, presentaron a XXI edición do Certame da Camelia, que se celebrará os días 11 e 12 deste mes. O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta apreciada flor, converterase de novo no escenario perfecto para un festival referencia na comarca. Máis de 40 expositores xa teñen confirmada a súa asistencia ademais das composicións florais que se poderán gozar en diversos escaparates en Arcade e Soutomaior.

O Certame da Camelia é un das fins de semana máis esperadas do ano para os afeccionados á xardinería e a floricultura de toda Galicia e conta cada ano con máis de mil asistentes xa que constitúe unha magnífica oportunidade para gozar dos impresionantes xardíns de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior, os primeiros de España e os sétimos de Europa en recibir esta distinción.

Esta edición conta con varias clases de premios. As categorías da mellor Flor, a Mellor Composición Artística, o Mellor Traballo Escolar, Mellor Flor en Escaparate e mellor Composición Artística en Escaparate contarán con trofeos para as mellores propostas. Por último, entregarase o Premio Especial Lalita Gradín, un recoñecemento nomeado en honra á creadora orixinal do certame.

O sábado o horario da exposición será de 16:30 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde as once da mañá. O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:30 horas do domingo.

“A Flor da camelia é un dos grandes emblemas das Rías Baixas”, indicou o alcalde durante a presentación aproveitando “para convidar a todos os visitantes a visitar a mostra e percorrer os excepcionais xardíns do Castelo de Soutomaior”, concluíu Reguera.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.