spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior inicia o proxecto do Ecoparque Empresarial na Montesiña

Soutomaior inicia o proxecto do Ecoparque Empresarial na Montesiña

soutomaior-inicia-o-proxecto-do-ecoparque-empresarial-na-montesinaO concello de Soutomaior xa enviou á Xunta de Galicia o proxecto deste Ecoparque Empresarial para ser sometido á avaliación medioambiental. Neste momento correspóndelle ao Goberno Galego continuar o trámite para emitir os informes sectoriais pertinentes

Revista Cousas de nº21

O concello de Soutomaior inicia o proxecto para o desenvolvemento urbanístico do Plan Parcial para crea un parque empresarial que permita a adaptación de empresas e desenvolvemento económico na zona.

O proxecto deste Ecoparque Empresarial foi redactado pola empresa Óptima SL dirixida polo prestixioso arquitecto e urbanista Xabier Rivas Barreiro e o seu equipo.

Trátase dun proxecto para un polígono empresarial dotado para a construción de naves de dimensións medias e integradas na paisaxe.

No proxecto tamén se contempla unha grande zona verde dotando ao Ecoparque dun carácter moderno e traballado con espazos de lecer. Un Ecoparque que está pensado para PEMES, pequenas e medianas empresas, vencelladas co sector secundario ou comercial. De tal xeito que este proxecto non suporá un incremento substancial do tráfico pesado e contribuirá a vertebrar o concello a través dunha zona urbanizada, ben alumeada e cunha superficie comercial dotada de dinamismo económico, vida e mobilidade.

Segundo dixo onte o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, “estamos a proxectar unha ampla área comercial e empresarial que suporá un antes e un despois para a vida en Soutomaior, trátase duna área empresarial rodeada de zonas verdes e instalacións deportivas que está chamada a ser un núcleo de progreso e de desenvolvemento económico”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Un polígono que ademais terá liña de horizonte co fin de integralo na paisaxe polo que as novas naves non suporán elementos que distorsionen dita paisaxe. Trátase dun Ecoparque verde, respectuoso co medio ambiente e pensado en dar resposta á demanda de moitos empresarios que precisan desta superficie para medrar e desenvolver a súa  actividade económica no concello.

Para finalizar o alcalde dixo  que “levamos meses traballando con este proxecto e cremos que é fundamental para o concello de Soutomaior por esa razón quixemos contar cos mellores para a redacción deste Ecoparque Empresarial. Con esta redacción iniciamos un procedemento que supón un paso xigante para a economía do noso concello, pensando dente xeito nun proxecto de futuro.”

Ao longo destas semanas Manu Lourenzo convocará as e os propietarios destes terreos para explicarlles e definir este proxecto que terá grandes beneficios tanto para o concello como para as e os propietarios destas terras.

- Publicidade -spot_img