spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Sede de Vigo da Deputación acollerá unha exposición para poñer en...

A Sede de Vigo da Deputación acollerá unha exposición para poñer en valor o traballo da fotógrafa Mary Quintero

a-sede-de-vigo-da-deputacion-acollera-unha-exposicion-para-poner-en-valor-o-traballo-da-fotografa-mary-quinteroA mostra, que se poderá visitar ata o 28 de xuño, será inaugurada este venres nun acto no que participarán a vicepresidenta provincial Luisa Sánchez, a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, e a propia artista viguesa

Revista Cousas de nº21

A sala Rosalía de Castro da Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acollerá desde este venres, 31 de maio, a exposición “A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única” coa que a institución provincial quere homenaxear á histórica fotógrafa viguesa Mary Quintero. A mostra, que estará aberta a toda a cidadanía de maneira gratuíta ata o 28 de xuño, inaugurarase ese mesmo día, ás 19:00 horas, cun acto no que participarán a vicepresidenta provincial Luisa Sánchez, a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, e a propia fotógrafa viguesa, e no que se poderá desfrutar ademais dunha actuación musical de Su Garrido.

A exposición busca poñer en valor o papel de Mary Quintero, unha das fotógrafas máis recoñecidas de Vigo e que retratou durante décadas a historia da cidade, nas tres facetas da súa vida: muller, fotógrafa e nai, recollendo o seu legado nestas tres esferas, que están en moitas ocasións solapadas. Nada en Melide en 1931, Quintero comezou moi nova no mundo da fotografía e, grazas á súa ollada diferente, pronto se converteu nunha das máis recoñecidas retratistas en Galicia.

En 1952, con tan só 21 anos e a raíz dunha serie de traballos que lle solicitaron en Vigo, montou  o seu propio estudio na rúa Urzaiz, sendo o primeiro rexentado por unha muller na cidade e converténdose no inicio dunha prolífica e extensísima carreira profesional. Aos seus 60 anos de profesión únense un listado inmenso de premios e numerosas conferencias nacionais e internacionais que avalan a súa traxectoria, na que logrou o recoñecemento dos seus colegas e das institucións. Ao longo da súa traxectoria continuou sendo pioneira en técnicas de retoque fotográfico coa chegada da cor ou co uso de proxector de fondos, vivindo a historia da fotografía desde o magnesio ata a dixital. As súas fotografías están presentes en miles de fogares, sobre todo de Vigo, e foron moitos rostros coñecidos da política e da cultura os que se puxeron fronte á súa cámara. Hoxe, Mary Quintero, xa xubilada, experimenta coa pintura, a súa outra paixón, e asegura estar encantada coas posibilidades da fotografía dixital, aínda que a súa chegada lle obrigase a pechar o seu estudio.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Ao abeiro desta mostra, a Deputación ten previsto editar un catálogo no que se recolla o seu legado artístico, no que se poderá descubrir máis sobre a súa fonda pegada e que se converterá nun material de difusión do seu talento e da súa experiencia vital. Ademais, a fotógrafa viguesa será a protagonista do faladoiro de “Aquí faltan páxinas” do mes de xuño, que terá lugar na mesa sala Rosalía de Castro da Sede de Vigo o vindeiro 27 de xuño. Desta maneira, Quintero é a primeira muller viva en formar parte dun dos capítulos desta segunda edición do programa provincial a través do que a institución quere dar voz ás mulleres esquecidas polos libros de historia.

- Publicidade -spot_img