spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior celebrará os días 9 e 10 de marzo a XXII edición...

Soutomaior celebrará os días 9 e 10 de marzo a XXII edición do Certame da Camelia

soutomaior-celebrara-os-dias-9-e-10-de-marzo-a-xxii-edicion-do-certame-da-cameliaO Concello de Soutomaior celebrará os días 9 e 10 de marzo a XXII edición do Certame da Camelia

Revista Cousas De Nº20

Co fin de promover e difundir o evento en todo o municipio e de continuar sendo unha referencia para a contorna e para toda a provincia de Pontevedra, o Certame conta cunha programación ampla de actividades que permiten gozar deste Certame a todas as idades.

A concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña, e a concelleira de Turismo e Cultura, Silvia Cernadas, presentaron esta mañá a XXII edición do Certame da Camelia do Concello de Soutomaior.

Unha cita que seguirá sendo un punto de referencia para  que as persoas cultivadoras e afeccionadas participen  na exhibición das composicións  de camelias e tamén para todas aquelas que simplemente senten curiosidade ou son fans desta marabillosa flor que tanto simboliza e evoluciona coa paso do tempo e que quere estar presente unha vez máis neste Certame para visitar os postos expositores nos que se presentan tantas novidades cultivadas nas terras galegas.

Inclúese como actividade principal a exposición de composicións de flor de Camelia que se desenvolven nos xardíns e instalacións do Castelo de Soutomaior, nos centros educativos e no comercio/hostalería local e as actividades complementarias que destacan o valor que a Camelia ten a nivel artístico-cultural, a nivel social como símbolo do movemento feminista e sufraxista, a nivel benestar-saúde e a nivel de promoción económica para facer deste Certame un evento diverso, creativo, enriquecedor, participativo e motivador.

A Deputación amplía á Semana santa as visitas ás camelias en flor do Xardín de Excelencia do Castelo de Soutomaior

Accións incluídas neste Certame da Camelia 2024: Exposición de flores e composicións de Camelia que se realizarán nos centros educativos do municipio, nos escaparates dos comercios e establecementos e no Castelo de Soutomaior; actividades complementarias de dinamización entre as que destacamos o Obradoiro creativo de chapas “Camelia María Vinyals”; os paseos guiados polos xardíns do Castelo a cargo da guía  de turismo Noemí  Pérez Alonso, o obradoiro  de kamishi (teatro de papel) e pop-up que se realizará coa camelia branca símbolo do sufraxismo e feminismo, a sesión de Relaxación con aceite de camelia e degustación de té a cargo de Miryam Vieitez e Erika Taracido ou o espectáculos concerto de Lulavai que co seu cuarteto de arpas nos achegarán aos sons e voces célticas procedentes de Galicia.

Ao certame poderán concorrer todas as persoas, profesionais ou afeccionadas, nacionais ou estranxeiras, físicas ou xurídicas, sempre que realicen a súa inscrición segundo estas Bases e que se atopen na situación que motiva a concesión destes premios do XXII Certame da Camelia, e cumpran os seguintes requisitos: presentar unha composición de flores de calquera especie e variedade de Camelia, así como calquera dos seus híbridos.

No caso de presentarse menores de idade ao Certame, a título particular, deberán contar coa autorización dun representante legal, e achegar a autorización xunto coa solicitude. Os centros educativos non teñen que presentar autorizacións de menores. Participa o centro educativo como tal.

O prazo de inscrición para participar no Certame remata o  27 de febreiro de 2024. As inscricións para expositores serán por sede electrónica ou de maneira presencial nas oficinas no rexistro xeral do concello de Soutomaior.

As inscricións para o obradoiro creativo de chapas, os paseos guiados polo xardín do castelo e a sesión de relaxación con aceite de camelia e degustación de té serán en liña (https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina) dende o xoves 22 de febreiro ás 9:00 h. ata o xoves 7 de marzo ás 14:00 h. A maiores, para o obradoiro de Pop-up que terá lugar na biblioteca as anotacións faranse presencialmente na propia biblioteca ata o 5 de marzo.

As datas principais da edición XXII Certame da Camelia serán Sábado 9 e domingo 10 de marzo no Castelo de Soutomaior. Aínda que o Xoves 7 de marzo o concello de Soutomaior comezará coa programación deste Certame co Obradoiro de Pop-up  coa Camelia branca símbolo do sufraxismo e do feminismo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.