Inicio Baixo Miño SOS Tomiño-Baixo Miño entregou durante no 2019 máis de 150 toneladas de...

SOS Tomiño-Baixo Miño entregou durante no 2019 máis de 150 toneladas de alimentos

SOS Tomiño-Baixo Miño entregou durante no 2019 máis de 150 toneladas de alimentosA Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño fai balance do ano 2019, durante o cal se entregaron máis de 150 toneladas de alimentos.

Segundo datos facilitados pola Asociación, o inicio do ano comezou con 91 familias e atendendo a 312 persoas. A fin de ano son xa 123 familias e 381 persoas. Estas repártense da forma seguinte: 26 familias en Tomiño, 69 familias en Tui, 8 familias no Rosal e 20 familias en Oia.

Por outra banda, neste ano de 2019 chegouse a un acordo co Concello de Oia, e desde o 15 de xuño, comezouse a repartir alimentos coas familias derivadas de Servizos Sociais. O concello de Oia cedeu á Asociación un local para a almacenaxe e distribución de alimentos.

Todo este traballo foi posible grazas á colaboración de empresas e tamén das diferentes administracións local, provincial, autonómica e estatal. É importante destacar a doazón de particulares, tanto en forma de alimentos como de servizos e do Banco de Alimentos de Vigo, co que se traballa estreitamente.

Os voluntarios

Os voluntarios de Sos Tomiño Baixo Miño fan un traballo inmenso. Lévano a cabo sacando tempo á súa vida cotiá e ás súas familias. Por iso, o seu traballo é tan importante e o servizo que prestan á comunidade, é impagable.

O traballo dos voluntarios é o que permite que o proxecto da Asociación siga adiante. O labor que realizan é múltiple e realizada á perfección: no almacén, controlando e clasificando alimentos; nas recollidas de alimentos; na elaboración dos lotes de alimentos que se entregan a cada beneficiario; na repartición quincenal; na atención ás familias, na xestión da documentación. Cada unha das funcións, realizada de forma calada e anónima, é fundamental para que esta Asociación poida continuar o seu traballo coas familias que carecen de recursos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies