Inicio Galicia Crean unha plataforma interdisciplinar para facer fronte ao despoboamento rural

Crean unha plataforma interdisciplinar para facer fronte ao despoboamento rural

Crean unha plataforma interdisciplinar para facer fronte ao despoboamento ruralO CSIC e empresas de diversos sectores crean unha plataforma temática interdisciplinar ( PTI) para facer fronte ao despoboamento rural a través da transferencia do coñecemento científico

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) pon en marcha, con empresas de diversos sectores produtivos, a Plataforma Temática Interdisciplinar ALCINDER, un instrumento de transferencia do coñecemento científico á sociedade para desenvolver iniciativas de emprendemento baseadas no I+D+i co fin de contribuír a fixar poboación en áreas xeográficas castigadas polo abandono do rural.

A PTI está integrada por 16 grupos multidisciplinares do CSIC baixo a coordinación de Doutóraa Carmen Martínez, responsable do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia ( MBG-CSIC), e o investigador do seu equipo José Luis Santiago. Forman tamén parte da Plataforma 15 empresas e 3 fundacións.

“Estudos científicos previos permitíronnos demostrar a existencia dun gran patrimonio agrario descoñecido e mesmo abandonado en zonas rurais despobladas con posibilidades de valorización mediante o desenvolvemento de explotacións agrarias e industrias sustentables de alto rendemento económico”, explica a doutora Carmen Martínez. “O noso obxectivo é facilitar alternativas para a creación de microindustrias rendibles que combinen tecnoloxía punteira, recursos naturais, agrícolas e gandeiros, a cultura, a paisaxe e o capital humano”, sostén a investigadora.

Son varias as liñas de investigación expostas pola plataforma ALCINDER, que abarcan disciplinas tan diversas como Ciencias Agrarias, Veterinaria, Acuicultura, Informática, Telecomunicacións, Mecánica, Robótica, Química, Microbiología, Saúde, Farmacoloxía, Alimentación, Novos Materiais, Enerxías sustentables, Economía, Turismo, Historia, Arte, Demografía, Sociologíca, Ciencia Política, Urbanismo e Vivenda.

O marcado carácter interdisciplinar da PTI e o obxectivo de abordar o reto do despoboamento de forma transversal propicia a implicación de diferentes sectores e de grupos científicos ao CSIC moi diversos: o Grupo de Percepción Artificial. Centro de Automática e Robótica; Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia, o Grupo de Biotecnoloxía Enolóxica Aplicada e a Unidade de Servizo de Técnicas Analíticas, Instrumentais e Biolóxicas, entre outros.

Nunha primeira fase, o ámbito de actuación da plataforma ALCINDER comprende Galicia, Castela e León e Asturias, coa intención de estender o proxecto ao resto do territorio da coñecida como “España baleirada”, zonas cunha taxa de despoboamento moi elevado.

ALCINDER abre as portas para sumar empresas doutros sectores, máis grupos de investigación e axentes sociais de áreas afectadas polo abandono rural; así como establecer sinerxias con outras entidades de similares características para unir forzas na procura de solucións ao reto demográfico ao que se enfronta toda a sociedade española.

Grupos de investigación CSIC

  • Grupo Viticultura. Misión Biológica de Galicia (MBG)
  • Grupo de Biotecnología Forestal. Instituto de Investigaciones Agrobiológicas (IIAG)
  • Grupo de Fermentos Lácticos y Bioconservación. Instituto de Productos Lácteos (IPLA)
  • Grupo de Biotecnología Enológica Aplicada. Instituto de Investigación en Ciencias de la Alimentación (CIAL)
  • Unidad de Servicio de Técnicas Analíticas, Instrumentales y Biológicas. Instituto de Ciencia y Tecnología de Alimentos y Nutrición (ICTAN)
  • Laboratorio Físico-Químico. Unidad de análisis al exterior. Instituto de la Grasa (IG).
  • Grupo de Percepción Artificial. Centro de Automática y Robótica (CAR).
  • Grupo de Conservación de Ecosistemas. Instituto Pirenaico (IP).
  • Grupo de Procesos energéticos y reducción de emisiones. Instituto del Carbón (INCAR)
  • Grupo de Colección de Instrumentos Científicos. Museo Nacional de Ciencias Naturales (MNCN)
  • Grupo de Tecnologías Ecoinnovadoras aplicadas a Procesos Medioambientales, Reciclado de Materiales y Aprovechamiento Energético. Centro Nacional de Investigaciones Metalúrgicas (CENIM)
  • Grupo de Estudios Interdisciplinares del Patrimonio Cultural. Instituto de Ciencias del Patrimonio (INCIPIT)
  • Grupo de Fitoquímica y Funcionalidad de Productos Vegetales. Instituto de Investigación en Ciencias de la Alimentación (CIAL)
  • Grupo de Sistemas Ganaderos y Usos del Territorio. Instituto de Ganadería de Montaña (IGM)
  • Grupo de Dinámicas Demográficas. Instituto de Economía, Geografía y Demografía (IEGD)
  • Grupo de Investigación sobre Desarrollo Territorial Sostenible. Instituto de Economía, Geografía y Demografía

Empresas y otras entidades que forman parte de la plataforma

  • Seresco S.A.
  • Robotnik Automation S.L.L.
  • Bodega Vítheras S.L
  • Bodega Lar de Ricobao S.L.
  • Adegas Moure S.A.
  • Aceites Ouro De Quiroga S.L
  • Viveros Costa de Lóngaras S.L.U.
  • Industrias Lácteas Asturianas S.A. (Reny Picot)
  • Silva Maris Botanicals S.L.
  • Athisa Biogeneración S.L.
  • 3edata Ingeniería Ambiental S.L.
  • Artica Ingeniería e Innovación S.L
  • Berenguela EAI S.L.
  • Eofuz S.L.
  • Sánchez Pardo Asociados Comunicación S.I.
  • Fundación Juana de Vega
  • Fundación Valdés Salas
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies