spot_img
InicioBaixo MiñoSolidaridade e integración en Tomiño nunha nova edición da Carreira Popular de...

Solidaridade e integración en Tomiño nunha nova edición da Carreira Popular de Amorín

solidaridade-e-integracion-en-tomino-nunha-nova-edicion-da-carreira-popular-de-amorin
Na foto aparecen (de esquerda a dereita): Daniel Lomba (coordinador club San Xerome); Rafael Álvarez (xerente de Avelaíña); Xose Mª Regueiro (presidente AA.VV. Amorín); Sandra González (alcaldesa de Tomiño); Ismael Troncoso (concelleiro de Deportes de Tomiño) e Miguel Pazo (presidente de Vontade).

Esta mañá no Concello de Tomiño presentouse a VIII Edición da Carreira de Amorin (Carreira pola integración. Gotas para Níxer), que se celebrará o vindeiro domingo día 29 de maio.

Estiveron presentes a alcaldesa, Sandra González, o concelleiro de deportes, Ismael Troncoso e representantes das entidades e clubs deportivos implicados na organización deste evento solidario , Asociación de Veciños de Amorín, Xan Xerome, Asociación Vontade e Avelaíña. Desde Unicef enviaron un comunicado indicando que lamentaban non poder asistir, pero que si haberá unha persoa responsable de UNICEF acompañando a proba o domingo.

A Carrera popular de Amorin “é xa un clásico no concello”, en palabras da alcaldesa. A implicación dos veciños de Amorin con este evento pola integración, a participación de máis de 70 persoas na súa organización, algúns dos cales veñen doutros concellos, a cooperación de diferentes asociacións e entidades que vai moito máis alá dos límites do concello e mesmo da comarca, fan desta unha proba excepcional.solidaridade-e-integracion-en-tomino-nunha-nova-edicion-da-carreira-popular-de-amorin

1
solidaridade-e-integracion-en-tomino-nunha-nova-edicion-da-carreira-popular-de-amorin

Os usuarios da Asociación pola Saúde Mental Avelaiña crearon uns agasallos especialmente para esta proba

Un exemplo diso son os agasallos que crearon especialmente para esta proba os usuarios da Asociación pola Saúde Mental-Avelaiña, a participación do Club Deportivo de Xan Xerome, a participación da Asociación Vontade nos actos de entrega de trofeos, a participación do Club Atletismo de Porriño, cunha boa representación de atletas, etc.

Os organizadores prevén que a participación alcance os 400 atletas.”A incrición está a ir ben- hai uns 80 inscritos- aínda que os días máis fortes son hoxe e mañá para as categorias superiores “, apunta José María da Asociación de Veciños.

Este ano a carreira presenta como novidade a inclusión dunha meta volante, para estimular un poquiño máis a participación e a satisfacción dos corredores e corredoras. Estará situada nunha zona do percorrido -en concreto á beira do bar Abelleira- e ao primeiro home ou muller que pase entregaráselle un agasallo. Outra novidade é que “toda a montaxe trasládase para o torreiro da Festa, porque se nos estaba quedando pequeno o espazo”, sinala José María.

A CAMPAÑA E O DESTINO DO RECADADO.

Gotas de Níxer é unha Campaña de mobilización en favor da supervivencia infantil neste país africano, un dos países máis pobres do mundo.

Desde o ano 2008 promove a mobilización en torno ao problema da auga potable, o saneamento e a hixiene.

Gotas de Níxer ten este curso como obxectivo levar auga potable a 50 escolas máis en Níxer.

Todas as gotas recadadas van destinadas a financiar o programa de supervivencia infantil de UNICEF en Níxer.

Durante o ano 2016 a campaña xa mobilizou a máis de 2.500 corredores en toda Galicia.

- Publicidade -spot_img