“SmartPeme” volve á área de Vigo. Os concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo acollerán, durante todo o mes de setembro, un total de 16 obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola institución provincial.
“SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
“SmartPeme” é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia
A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: o martes 5 de marzo, “Plataformas online para crear o teu e-commerce”. O xoves 7 será a quenda de “Facebook Ads”, que dará paso o mércores 13 a “Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial”. O venres 15 de marzo seguiralle “Seguridade informática: conceptos básicos” e, por último, o xoves 21 desenvolverase “Fotografía de vehículos para a súa venda online”. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.
A oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: o mércores 6 de marzo, “Mostrario virtual: a fotografía é o produto no medio en liña”. O seguinte martes, día 12, “A túa páxina web con WordPress”. “Rendibiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores en Facebook” desenvolverase o xoves 14 de marzo, ao que lle seguirá “Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas” o luns 18. Despois, “Como facturar electronicamente para as empresas e administracións públicas” chegará o venres 22 e, a última quenda, será a de “Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial” o mércores 27. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
Por último, as quendas para o mes de marzo na oficina de Vigo son as seguintes: o mércores 5, “A túa información sempre á man: almacenamento na nube”, seguido de “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa” o seguinte martes día 12. A seguinte semana, desenvolveranse “Seguridade da información: protexe o teu smartphone” o mércores 20 e “Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…” o venres 22. Para rematar, o luns 25 desenvolverase o obradoiro que leva por título “Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite”. A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.
Todas as actividades –tanto as de Ponteareas como das do Porriño e as de Vigo– terán lugar en horario de 19:00 horas e a inscrición pódese facer a través do número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
En palabras da Presidenta da Deputación, Carmela Silva, o novo proxecto SmartPeme, “é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos”. Para isto, nas oficinas de SmartPeme no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se están pondo en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.



