·Publicidade ·spot_img
InicioPontevedra e prov.Silva reivindica no Día Internacional da Memoria Trans "unha sociedade digna e...

Silva reivindica no Día Internacional da Memoria Trans “unha sociedade digna e decente na que as persoas trans gocen dos mesmos dereitos que os demais”

Silva reivindica no Día Internacional da Memoria Trans "unha sociedade digna e decente na que as persoas trans gocen dos mesmos dereitos que os demais"Carmela Silva reivindica no Día Internacional da Memoria Trans “unha sociedade digna e decente na que as persoas trans gocen dos mesmos dereitos que os demais”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada Isaura Abelairas, a presidenta da Asociación Arelas de Familias menores trans, Cristina Palacios, a fotógrafa e directora Noemí Chantada, e máis dun centenar de alumnas e alumnos de tres centros da provincia participaron no acto organizado pola Deputación de Pontevedra para conmemorar o Día Internacional da Memoria Trans. “As persoas trans teñen os mesmos dereitos que o conxunto da sociedade. Por iso hoxe temos que recoñecer a todas esas persoas que en moitos casos deixaron a súa vida por loitar pola dignidade de todas e de todos. Porque cando as persoas trans teñen dereitos, o resto da sociedade tamén os temos”, declarou Silva.

A presidenta sumouse á reivindicación dunha Lei Trans estatal e asegurou que “imos gañar esta batalla si ou si porque todo o mundo ten dereito a elixir libremente a súa vida”

“Este acto fala dunha sociedade digna e decente porque a sociedade non pode ser digna nin decente cando as persoas non teñen dereito a elixir libremente a súa vida”, manifestou a presidenta no acto celebrado nos xardíns de Vicenti. “Soamente podemos ser felices se nos permiten construír a nosa vida en liberdade e en igualdade e logramos un trato xusto. Porque é neste Día Internacional da Memoria Trans no que, ademais de recordar as gravísimas situacións polas que tiveron que pasar as persoas trans, temos que enchernos de optimismo porque esta batalla a imos gañar si ou si”, sentenciou Silva na súa intervención.

Máis dun centenar de rapazas e rapaces de tres centros educativos asistiron á lectura do manifesto e á presentación da curta “Sorrisos Transformadores” da Deputación

Durante o acto, un dos membros do colectivo Arelas, Brais Fernández, leu un manifesto no que lembrou e honrou a vida das persoas trans que foron asasinadas nos últimos anos e tamén reivindicou o dereito do colectivo a vivir en espazos seguros, empezando pola infancia e pola adolescencia. Tamén fixo fincapé nos distintos eidos nos que as persoas trans son discriminadas, como son o ámbito médico, laboral e legal. Despois da lectura do manifesto, inaugurouse un banco decorado coas cores que representan ao colectivo trans e que está instalado nos arredores do magnolio dos xardíns de Vicenti. “Isto é unha pegada indeleble da loita da sociedade polos dereitos trans e todo o mundo que pase por aquí preguntarase que é este banco que fala de alegría, de luz e de cor. Será un instrumento para o cambio social”, engadiu a presidenta.

Para finalizar o acto, os 137 alumnas e alumnos do IES Montecelo, CIP A Xunqueira e o IES Torrente Ballester encheron o salón de plenos e asistiron a presentación da curtametraxe “Sorrisos Transformadores” que recolle testemuñas e realidades das persoas que protagonizan a campaña de visibilidade positiva e sensibilización de igual nome que impulsou a Deputación de Pontevedra en 2016,  que xa levou a 40 concellos, e que segue a levar polos municipios da provincia. Por iso, ao longo da película dáselle voz ás persoas trans que relatan a súa experiencia dende a primeira persoa, así como outros aspectos que son analizados dende o punto de vista profesional.

“Sorrisos Transformadores” naceu con motivo da celebración do orgullo LGTBI co obxectivo de poñer en marcha unha campaña de sensibilización dirixida á sociedade para a prevención de comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou identidade de xénero, e a poboación escolar co fin de combater o acoso escolar por ditos motivos. Así, preténdese favorecer a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das identidades de xénero.

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade