spot_img
InicioPontevedra e ÁreaSilva reclama no Senado a participación dos Concellos e Deputacións no desenvolvemento...

Silva reclama no Senado a participación dos Concellos e Deputacións no desenvolvemento das políticas de cooperación internacional

A presidenta da Deputación de Pontevedra comparece ante a Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento da Cámara Alta

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reclamou ante a Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento do Senado a participación activa dos concellos e das deputacións na elaboración do Plan Director 2018-2021 no que  traballa España para a implementación dos obxectivos que marca a “Axenda 2030” da ONU.

Carmela Silva mostrouse convencida que a participación na elaboración das directrices en materia de cooperación internacional dos concellos e das deputacións “son fundamentais en este proxecto global de cooperación internacional”  e que “ou se fai coas entidades locais ou non se fará”. A Presidenta subliñou que a Axenda 203o da ONU marca uns obxectivos de desenvolvemento sostible que cambian o modelo seguido ate de agora e o novo Plan Director de España, que fixará as directrices do sistema da cooperación española nos próximo catro anos, ten que contar cos “axentes do cambio” que son as entidades locais pola súa proximidade ao cidadán.

Aínda que as entidades locais son consideradas, na teoría, como  administración do Estado, na práctica recoñeceu Silva, “seguimos a ser un axente de segunda categoría mantendo unha tutela sobre todas as nosas accións”. “Todas as entidades locais –mantivo Silva- temos un forte compromiso  con este novo modelo de cooperación que fixa a ONU e temos que reclamar que sexamos considerados un actor dentro do Plan Director de cooperación do goberno de España”.

A Presidenta da Deputación pontevedresa recoñeceu que a nova Axenda 2030 da ONU pon o centro das súas iniciativas globais as persoas “algo que as entidades locais vimos desenvolvendo dende fai anos e aínda que esta actuación de cooperación é global ao final o estamos a desenvolver dende o local”.

Dentro dos moitos obxectivos e directrices que a ONU fixa para a cooperación internacional, a Deputación de Pontevedra leva traballando dende fai dous anos, como subliñou a súa Presidenta, quen destacou  as novas políticas ao fronte da institución centradas nas persoas e no desenvolvemento das cidades, pobos e vilas acordes co medio ambiente e sostibles e destacou as iniciativas de aforro enerxético, reciclaxe, apoio a cultura emprendedora e innovación, apoio os sectores produtivos ou as novas medidas para a mobilidade na provincia, entre outras. “Fixemos un cambio radical  del modelo de provincia que se tiña na Deputación de Pontevedra nos últimos trinta anos para poñer no centro aos veciños e veciñas”, recalcou Silva.

Nembergantes, moitas destas políticas seguen a manter unha nula financiación por parte da administración do Estado, que non exerce as súas competencias “e temos que substituíla dende as entidades locais, pero que non leva parella unha financiación acorde con estas demandas”. Por elo, Carmela Silva, reclamou tamén que o Plan Director 2018-2021 ten que levar parella unha clara ficha de financiación económica das medidas para que cada administración poda desenvolvelas sen detraer diñeiro dos seus propios orzamentos para este fin.

Carmela Silva tamén subliñou o compromiso que País Vasco, Cataluña, Andalucía, Castela-León ou Valencia teñen cos obxectivos da Axenda 2030 con propostas moi avanzadas “algo que non está ocorrendo en Galicia, a miña comunidade, onde non están entre as prioridades políticas” do goberno da Xunta de Galicia. Por elo, a Presidenta da Deputación pontevedresa reclamou dende o Senado ao goberno de Núñez Feijóo, que defina con claridade “as liñas e accións concretas que van desenvolver para implementar a Axenda 2030 na política de cooperación internacional en Galicia” así como os seus plans de seguimento e avaliación.

Por último, a Presidenta da Deputación salientou  diante dos senadores e das senadoras, que o noso país ten que elaborar un Plan Director “valente e flexible e non restritivo  cos países beneficiarios”. Silva considerou que existen exemplos do que aconteceu cando a cooperación retírase dun país cando se rexistra unha mellora da súa renda económica “porque dentro de eses países poden existir territorios que manteñan amplos índices de desigualdade e pobreza que necesitan manter a axuda internacional”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.