spot_img
InicioVal MiñorNigránSegunda edición do Concurso Gastronómico Bocados 2015 en Nigrán

Segunda edición do Concurso Gastronómico Bocados 2015 en Nigrán

Segunda-edición-Concurso-Gastronómico-Bocados-2015-Nigrán

Arrinca a segunda edición do Concurso Gastronómico Bocados 2015, organizado pola Asociación de Empresarios do Val Miñor OVALMI e o Concello de Nigrán. O concurso, que se desenvolverá entre o 22 e o 31 de maio, congrega na súa segunda edición a 18 establecementos participantes, que deberán ofrecer no período mencionado dous bocados ou tapas, unha por valor de 1,50 euros e outra por valor de 3 euros, con total independencia da consumición de calquera outra bebida ou produto.

Todos os establecementos participantes poderán optar ao premio ao “Mellor bocado 2015“, cuxa elección quedará en mans dos clientes participantes. Os clientes interesados en facer a ruta completa de Bocados 2015 e participar na votación para elixir os mellores Bocados deberán adquirir o folleto de participación denominado “GASTROMAPA“, que actuará a modo de guía para facer o percorrido das tapas, nos establecementos participantes.

Cada vez que consuman algunha das tapas ofrecidas polos establecementos participantes, estes últimos, selarán o folleto. No caso de que unha mesma persoa consuma varias tapas no mesmo establecemento, leste marcará con selo en tantos GASTROMAPA como consumicións de tapas realizase.

Para poder votar á mellor tapa e optar ao sorteo de premios o GASTROMAPA deberá estar completo, é dicir, estar marcado por catro selos de establecementos diferentes. Unha vez completado, o consumidor deberá cumprimentar o apartado de datos persoais do GASTROMAPA e depositalo nas caixas de correos habilitadas para eles en calquera dos establecementos participantes.

Do reconto das votacións realizadas polos participantes, sairán os 3 nomeados ao Mellor Bocado 2015 da tapa 1 (1,50 euros) e o tres nomeados ao Mellor Bocado da tapa 2 (3,00 euros), que se corresponderán co tres establecementos de cada unha das tapas que tivesen maior número de votos.

O premio honorífico aos dous Mellores Bocados (un na modalidade de 1,50 euros e o outro no de 3,00 euros) será concedido a aquel ou aqueles establecementos que conseguisen o maior número de votos no cómputo total das dúas tapas ofrecidas durante o concurso.

Ademais, entre os consumidores participantes que cumprisen o establecido nas bases, sortearanse unha serie de premios.

- Publicidade -spot_img