spot_img
InicioVal MiñorBaionaEste fin de semana celébrase en Baiona a Copa Galicia de vela...

Este fin de semana celébrase en Baiona a Copa Galicia de vela da clase 420

 

celébrase-Baiona-Copa-Galicia-vela-clase-420Este fin de semana celébrase en Baiona a Copa Galicia da clase 420, unha regata organizada polo Monte Real Club de Yates co patrocinio de Baitra Accesorios Navais ao amparo da Federación Galega de Vela.

Organizada polo Monte Real Club de Yates e patrocinada por Baitra Accesorios Navais, a competición reunirá a novos regatistas de toda Galicia

A competición, que reunirá a 34 mozos deportistas de toda Galicia, comezará o sábado ás dúas e media da tarde e continuará o domingo a partir do once e media da mañá.

As 6 probas programadas celebraranse o sábado pola tarde e o domingo pola mañá na baía de Baiona

As tripulacións de 420, formadas por dous regatistas, disputaranse até un total de seis probas, nas que se decidirá quen é o gañador do trofeo. A entrega de premios celebrarase ao finalizar a regata nas instalacións do Monte Real.

A clase internacional 420 é un tipo de barco empregado por moitos regatistas como fase intermedia para dar o salto da vela infantil ás clases olímpicas

A clase internacional 420 é un tipo de embarcación a vela, con trapecio e spinnakker, que debe o seu nome ás medidas da súa eslora. O seu deseño asegura bos planeos e un alto rendemento con vento de popa. Trátase dun barco perfecto como fase intermedia para os regatistas que queren dar o salto da vela infantil ás clases olímpicas.

FOTO: Eduardo Reguera e Esteban Bernardez na última edición del Trofeo Baitra 420 del MRCYB

- Publicidade -spot_img