spot_img
InicioGaliciaCompostelaSeguen os concertos da Real Filharmonía de Galicia nos barrios de Santiago

Seguen os concertos da Real Filharmonía de Galicia nos barrios de Santiago

O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Con esta filosofía, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director da súa orquestra. O primeiro destes concertos tivo lugar este martes en Fontiñas, en Área Central. Este mércores, ás 20:00 horas, os músicos tocarán en Vite, no parque da Ponte Mantible, e trasladaranse ao Auditorio de Galicia en caso de choiva. O xoves terán a oportunidade de desfrutar da orquestra os veciños de Conxo; o encontro musical será detrás do centro sociocultural Aurelio Aguirre e, se chovese, sería na igrexa de Santa María. O venres celebrarase un concerto no barrio de San Pedro, no xardín da Zona C de Bonaval, ou na igrexa de San Domingos de Bonaval se o tempo é adverso. O último concerto deste ciclo será o vindeiro sábado no Ensanche, na Praza Roxa, actuación que se suspendería se as condicións meteorolóxicas non fosen favorables. Obras clásicas e románticas para todos os públicos A Real Filharmonía achegará ao público unha selección de obras clásicas e románticas moi populares. Así, os concertos comezarán coa obertura de As vodas de Fígaro, de Mozart. De seguido, a orquestra tocará a obertura de Coroliano, de Beethoven. Os asistentes tamén poderán escoitar parte da Suite nº 1 "Peer Gynt", do compositor noruegués Edvard Grieg. Os músicos tocarán ademais a obertura de As Hébridas, de Mendelssohn. A continuación interpretarán a obertura de A italiana en Alxer, do compositor italiano Gioachino Rossini e os concertos rematarán cun fragmento de O soño dunha noite de verán, de Mendelssohn.

O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Con esta filosofía, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director da súa orquestra.

O primeiro destes concertos tivo lugar este martes en Fontiñas, en Área Central. Este mércores, ás 20:00 horas, os músicos tocarán en Vite, no parque da Ponte Mantible, e trasladaranse ao Auditorio de Galicia en caso de choiva. O xoves terán a oportunidade de desfrutar da orquestra os veciños de Conxo; o encontro musical será detrás do centro sociocultural Aurelio Aguirre e, se chovese, sería na igrexa de Santa María.

O venres celebrarase un concerto no barrio de San Pedro, no xardín da Zona C de Bonaval, ou na igrexa de San Domingos de Bonaval se o tempo é adverso. O último concerto deste ciclo será o vindeiro sábado no Ensanche, na Praza Roxa, actuación que se suspendería se as condicións meteorolóxicas non fosen favorables.

Obras clásicas e románticas para todos os públicos
A Real Filharmonía achegará ao público unha selección de obras clásicas e románticas moi populares. Así, os concertos comezarán coa obertura de As vodas de Fígaro, de Mozart. De seguido, a orquestra tocará a obertura deCoroliano, de Beethoven. Os asistentes tamén poderán escoitar parte da Suite nº 1 “Peer Gynt”, do compositor noruegués Edvard Grieg.

Os músicos tocarán ademais a obertura de As Hébridas, de Mendelssohn. A continuación interpretarán a obertura de A italiana en Alxer, do compositor italiano Gioachino Rossini e os concertos rematarán cun fragmento de O soño dunha noite de verán, de Mendelssohn.

- Publicidade -spot_img