Inicio Val Miñor Baiona A Secretaría Xeral para o Deporte renovou o seu apoio coa Escola...

A Secretaría Xeral para o Deporte renovou o seu apoio coa Escola de Vela Adaptada do MRCY de Baiona

secretaria-xeral-deporte-renovou-seu-apoio-coa-escola-vela-adaptada-do-mrcy-baionaA secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez  que visitou hoxe o club baionés para coñecer a evolución dun proxecto co que levan comprometidos desde hai varios anos, renovou o apoio do seu departamento coa Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia continuará apoiando á Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade do Monte Real Club de Yates, tal e como anunciou a responsable do departamento, Marta Míguez, tras reunirse co presidente do club baionés, José Luis Álvarez.
 
Acompañada polo xefe de servizo provincial de Deportes, Daniel Benavides, Míguez achegouse hoxe ata Baiona para comprobar a evolución dunha escola creada fai case seis anos co obxectivo de achegar o mar a persoas con discapacidade e permitirlles navegar en igualdade de condicións. A máxima responsable do Deporte a nivel autonómico recoñeceu o esforzo do Monte Real para manter a actividade da escola ao longo de todo o ano e comprometeu o apoio do seu departamento durante este 2018 para que poida seguir avanzando.
 
Desde a súa creación, no ano 2012, a Escola de Vela Adaptada do club baionés non deixou de crecer, ampliando tanto o seu programa de actividades como o número de usuarios. Nela navegan persoas con discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais de asociacións como o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade ( CAPD) de Redondela, o Centro Juan María de Nigrán, a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo ( ASPAVI), a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares ( ASEM GALICIA) ou a Asociación de Familias con Persoas con Parálise Cerebral ( APAMP).
 
Clases teóricas, bautismos de mar, rutas ambientais, sesións de navegación e outras actividades relacionadas co mundo náutico son algunhas das propostas nas que o ano pasado participaron preto de 100 persoas.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies