spot_img
InicioO SalnésSanxenxo foi elixida pola Sociedade Española de Neurociencia para a celebración da...

Sanxenxo foi elixida pola Sociedade Española de Neurociencia para a celebración da IX Cajal Winter Conference 2016

 Do 25 ao 27 de abril Sanxenxo concentrará a destacados científicos procedentes de diferentes universidades para analizar os avances que se produciron dentro do ámbito da neurociencia nos últimos anos e a revolución que estes descubrimentos supuxeron a nivel clínio, de investigación e social. Na proposta de Sanxenxo como sede deste evento tivo moito que ver Roberto Carlos Agís, concelleiro de Cultura e integrante da SENC, que ademais se puxo a disposición da organización para colaborar na oferta de lecer deseñada para completar o programa e que está aínda pendente de concretar coa opción de elixir entre unha ruta de sendeirismo polo termo municipal, unha ruta guiada en catamarán pola Ría de Pontevedra, unha excursión á illa de Ons ou unha visita guiada a Combarro e Pontevedra. Investigadores das Universidades da Coruña e de Vigo, así como do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo son os promotores de que Sanxenxo fose seleccionada pola SENC para a celebración dun evento que durante tres días permitirá aos profesionais da neurociencia poñer en común os avances das súas investigacións. O evento está exposto en dous ámbitos diferentes. Por unha banda os relatores, científicos provenientes de centros tan diversos como Oxford ou Lausanne, ofrecerán dúas conferencias plenarias por día e durante as ceas investigadores senior mesturaranse con outros máis novos e cada mesa terá o seu tema de discusión. Ao final da mesma aquelas mesas seleccionadas han de expoñer en 5 minutos as conclusións máis relevantes da discusión. O idioma elixido para o desenvolvemento deste programa de traballo é o inglés. Pero paralelamente ao programa profesional, o evento inclúe actividades que buscan abrir a ciencia á sociedade e por iso programaron un café teatro científico sobre neurociencia nunha cafetería aínda por determinar. Esta actividade sería realizada por membros do NEUROcom, o día antes do inicio das xornadas e serviría de presentación das mesmas en Sanxenxo. Ademais, prevén a visita a un colexio, cunha charla dirixida aos estudantes e por último unha conferencia divulgativa aberta ao público que posiblemente se realice o último día e que será impartida por un dos relatores invitados. Estas actividades serán realizadas en castelán.Os interesados en coñecer máis detalles sobre o contido deste evento poden facelo a través da ligazón .
Do 25 ao 27 de abril Sanxenxo concentrará a destacados científicos procedentes de diferentes universidades para analizar os avances que se produciron dentro do ámbito da neurociencia nos últimos anos e a revolución que estes descubrimentos supuxeron a nivel clínico, de investigación e social.

Na proposta de Sanxenxo como sede deste evento tivo moito que ver Roberto Carlos Agís, concelleiro de Cultura e integrante da SENC, que ademais se puxo a disposición da organización para colaborar na oferta de lecer deseñada para completar o programa e que está aínda pendente de concretar coa opción de elixir entre unha ruta de sendeirismo polo termo municipal, unha ruta guiada en catamarán pola Ría de Pontevedra, unha excursión á illa de Ons ou unha visita guiada a Combarro e Pontevedra.

Investigadores das Universidades da Coruña e de Vigo, así como do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo son os promotores de que Sanxenxo fose seleccionada pola SENC para a celebración dun evento que durante tres días permitirá aos profesionais da neurociencia poñer en común os avances das súas investigacións.

O evento está exposto en dous ámbitos diferentes. Por unha banda os relatores, científicos provenientes de centros tan diversos como Oxford ou Lausanne, ofrecerán dúas conferencias plenarias por día e durante as ceas investigadores senior mesturaranse con outros máis novos e cada mesa terá o seu tema de discusión. Ao final da mesma aquelas mesas seleccionadas han de expoñer en 5 minutos as conclusións máis relevantes da discusión. O idioma elixido para o desenvolvemento deste programa de traballo é o inglés.

Pero paralelamente ao programa profesional, o evento inclúe actividades que buscan abrir a ciencia á sociedade e por iso programaron un café teatro científico sobre neurociencia nunha cafetería aínda por determinar.

Esta actividade sería realizada por membros do NEUROcom, o día antes do inicio das xornadas e serviría de presentación das mesmas en Sanxenxo.

Ademais, prevén a visita a un colexio, cunha charla dirixida aos estudantes e por último unha conferencia divulgativa aberta ao público que posiblemente se realice o último día e que será impartida por un dos relatores invitados. Estas actividades serán realizadas en castelán.Os interesados en coñecer máis detalles sobre o contido deste evento poden facelo a través da ligazón .

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.