spot_img
InicioGaliciaCompostelaSantiago de Compostela acollerá a I Gala do Libro Galego o próximo...

Santiago de Compostela acollerá a I Gala do Libro Galego o próximo mes de maio

santiago-de-compostela-acollera-a-i-gala-do-libro-galego-o-proximo-mes-de-maio

O alcalde e a concelleira e Acción Cultural recibiron hoxe no Pazo de Raxoi aos responsables da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega de Editores e da Federación de Librarías de Galicia.

Os tres colectivos querían darlle a coñecer a Martiño Noriega e a Branca Novoneyra os detalles da Gala do Libro Galego, que terá lugar en Compostela o 14 de maio. O evento realizarase no Teatro Principal e será de acceso libre e gratuíto, ata completar aforo.

comillasA Gala do Libro Galego celebrarase por vez primeira, e supón un acordo histórico no sector literario galego

A Gala do Libro Galego celebrarase por vez primeira, e supón un acordo histórico no sector literario galego. Nela vanse entregar uns únicos premios literarios, que substituirán aos que ata o de agora convocaban pola súa conta as tres organizacións: a Gala das Letras da Asociación de Escritores en Lingua Galega; a Noite da Edición en Galicia, da Asociación Galega de Editores; e os Premios Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia.

En total, vanse conceder 14 premios: obra de ensaio, narrativa, infantil e xuvenil, libro ilustrado, iniciativa bibliográfica, obra traducida, libro de poesía, libro de teatro, iniciativa cultural ou de fomento da lectura, proxecto literario na rede, periodismo cultural, escritor galego universal, premio honorífico á libraría e premio honorífico á editora.

Na reunión co alcalde e coa concelleira de Acción Cultural participaron o presidente e a secretaria xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias e Mercedes Queixas Zas; e a presidenta e o vicepresidente da Federación Galega de Libreiros, Pilar Rodríguez Álvarez e Xosé Antón Pedreira. A Asociación Galega de Editores estivo representada pola presidenta, Laura R. Herrera; o vicepresidente, Xosé Aldea; e a secretaria técnica, Lucía Lago.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.