Inicio Galicia Compostela Santiago acolle esta fin de semana as xornadas: "Tecendo Redes: Dando Valor...

Santiago acolle esta fin de semana as xornadas: “Tecendo Redes: Dando Valor á pesca sostíbel”

Faenando con marineros de Lira. Arte de enmalle. 12 mayo 2010. (c)GREENPEACE HANDOUT/ PEDRO ARMESTRE- RESTRICTED TO EDITORIAL USE / NO SALES/ NO ARCHIVES

Greenpeace reúne esta fin de semana en Santiago de Compostela a persoas do sector das novas economías e da pesca artesanal de toda España para revalorizar a pesca sostíbel”

O xeito en que pescamos e consumimos produtos do mar pode contribuír a conservar ou estragar os océanos. A pregunta é, podemos saír gañando todos/as? Poden as pesqueiras sacar proveito dos océanos sen estragalos? En Greenpeace cremos que a resposta é si.

Emporiso, durante os días 26 e 27 de xaneiro, Santiago de Compostela acollerá o obradoiro “Tecendo Redes: Dando valor á Pesca Sostíbel” para dar a coñecer alternativas para a diversificación pesqueira. O obradoiro centrarase en amosar diferentes modelos que fomenten as novas economías e que revaloricen o produto da pesca sostíbel. No obradoiro haberá tamén representación doutros sectores, como o enerxético, e asociacións de persoas consumidoras.

Este encontro servirá para completar o traballo que a asociación ecoloxista presentou na súa Folla de Ruta para unha Pesca Xusta e Sostíbel, onde indica o itinerario a seguir cara a unha pesca equitativa e cara a un novo modelo xusto e sostíbel para o sector da pesca e os produtos pesqueiros. Este informe anima tanto ás persoas que traballan no mar, como a comerciantes polo miúdo ou público en xeral, a unirse a este modelo de consumo alternativo.

Os obxectivos deste obradoiro son diversos: salientar a tendencia cada vez meirande cara a un consumo de produtos pesqueiros máis sostíbeis, xustos e éticos; amosar como esta tendencia se desenvolve actualmente; expor aquelas iniciativas empresariais de produtos pesqueiros, entre outros, que van na dirección correcta e subliñar a necesidade dun maior movemento por unha pesca xusta.

Máis do 90% dos stocks pesqueiros do Mediterráneo e o 40% do Atlántico están sobreexplotados, por iso é necesario que se potencien alternativas de consumo que fomenten unha recuperación dos mesmos”, declarou Celia Ojeda, responsábel do programa de Consumo de Greenpeace. “Cómpre unha mudanza no sistema de mercado a través de novas economías, xa que o actual é inxusto para o sector pesqueiro de baixo impacto e o é tamén para aquelas persoas que queren consumir peixes e mariscos sostíbeis”.

A venda de peixe e marisco é unha poxa á baixa que non valora de xeito diferencial nin a calidade, nin o respecto ao medio ambiente, nin as condicións sociais e laborais do produto final. Por iso xa hai diversas alternativas que ofertan ao público os seus produtos, contando a historia que hai detrás e salientando o valor social e ambiental destes modelos, que poñen directamente en contacto ao sector pesqueiro sostíbel co público (venda de peixe dende os seus barcos, no porto, a venda directa, a través de plataformas dixitais, etc), e que son unha boa opción que debe ser promovida e apoiada pola sociedade, o mercado, así como polas Institucións locais e nacionais.

Santiago de Compostela é unha das dez cidades que aceptaron o desafío Neopolitanlanzado por Greenpeace para unha cidadanía máis sostíbel, sendo a mobilidade un dos seus principais desafíos.

Greenpeace celebra estas xornadas nesta cidade por estar situada nunha comunidade con grande influxo pesqueiro e polo seu traballo coas novas economías como medio para reactivar determinados barrios e tipos de comercios que priman o ecolóxico, local e sostíbel.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies