Inicio Pontevedra Medio centenar de empresarios/emprendedores reciben en Nigrán as súas acreditacións como expertos...

Medio centenar de empresarios/emprendedores reciben en Nigrán as súas acreditacións como expertos en Comunicación Dixital

Medio centenar de empresarios/emprendedores reciben en Nigrán as súas acreditacións como expertos en Comunicación Dixital

O Polígono Industrial de Porto do Molle foi hoxe testigo da entrega das acreditacións como expertos en Comunicación Dixital a medio centenar de empresarios/emprendedores.

Desenvolver unha estratexia de comunicación comercial e un plan de márketing online, conseguir posicionar a marca e a empresa en redes sociais e optimizar as comunicacións entre os membros dun equipo de traballo foi o contido dun curso impartido pola Fundación Incyde realizado durante o último trimestre nas sedes dos viveiros que xestiona Zona Franca na Granxa e en Porto do Molle ao que asistiron máis de medio centenar de emprendedores e empresarios.

Esta mañá, a alcaldesa do Porriño, o alcalde de Nigrán o delegado de Zona Franca e a directora de proxectos FEDER do Incyde, repartiron os correspondentes diplomas acreditativos e asistiron á presentación de dous plans de empresa desenvoltos como traballo final destes cursos que, polo seu interese, estiveron subvencionados con fondos FEDER.

Como puxo de manifesto a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, este proxecto “permite abrir camiños a persoas que comezan ou reaxustan a súa vida laboral”, aspecto sobre o que insistiu a directora dos proxectos FEDER no Incyde, Natalia Vázquez quen explicou que esa fundación das Cámara de Comercio ten precisamente por obxecto o “crecemento intelixente”.

A responsable de Incyde resumiu a colaboración que leva a cabo coa Zona Franca na posta en marcha de viveiros de empresa que se integran dentro dunha rede española que xa conta con 143 instalacións e outras 11 incubadoras de alta tecnoloxía da que destacou a que, pilotada por Zona Franca, vai poñer en marcha en Vigo, a “ High Techa Auto”.

Pola súa banda, o delegado de Zona Franca, David Regades, felicitou aos novos titulados por ser persoas que demostraron o seu interese en optimizar e especializarse en competencias no campo do márketing dixital e no aproveitamento efectivo das redes sociais, formación que lles vai a permitir incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empleabilidad. “Quero transmitirvos que podedes contar con Zona Franca para acompañarvos no voso desenvolvemento profesional e que en calquera dos tres viveiros que xestionamos ou nos espazos de coworking traballamos para que o voso talento frutifique e se enraíce na área de Vigo” dixo o delegado. Para pechar o acto, o alcalde de Nigrán, Juan González, agradeceu a asistencia e abriu as portas do concello para acoller novas iniciativas empresariais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies