O grupo, vinculado á Escola de Arquitectura de Oslo, estaba integrado por profesores universitarios, directivos de escolas de arte, comisarios de exposicións e promotores de festivais de cine de arquitectura de Alemania, Estados Unidos, Noruega e Reino Unido
O Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez abriu as portas do Convento de Santa Clara a un grupo de 20 arquitectos de todo o mundo que están a investigar sobre a proxección do patrimonio histórico cara o futuro. A visita, segundo remarcou o vicepresidente provincial, trátase dun paso máis para “converter a Pontevedra nun espazo cultural de relevancia internacional, co Museo como faro e Santa Clara como puntal no que se asentará este novo modelo para unha cidade que avanza da man da Deputación”.
O grupo, vinculado á Escola de Arquitectura de Oslo, estaba integrado por profesores universitarios, directivos de escolas de arte, comisarios de exposicións e promotores de festivais de cine de arquitectura de Alemania, Estados Unidos, Noruega e Reino Unido. Todos eles están vinculados a un proxecto que lidera a Escola de Arquitectura de Oslo con vixencia ata o 2027: “Provenance Projetc. Architectura Past and Future in the Era of Circularity”. Na súa visita subliñaron o “privilexio” de poder coñecer Santa Clara e o proxecto que vai acometer a Deputación de Pontevedra para reformar o convento e convertelo nun espazo museístico de primeira orde cun amplo espazo verde aberto á cidadanía.
A visita foi organizada pola Fundación RIA, vinculada ao recoñecido arquitecto David Chipperfield. Xunto a integrantes da fundación, déronse cita en Santa Clara a presidenta da Rede Europea de Historia da Arquitectura, Mari Lending; profesores universitarios de Escolas de Arquitectura e Arte de Oslo, Hamburgo, Columbia e Manchester como Erik Langdalen, Thomas McQuillan, Amandine Kastler, Alena Rieger, Jørgen Tandberg, Uwe Fleckner, Jorge Otero-Pailos ou Albena Yaneva; o xa mencionado exdirector da Royal Academy of Arts de Londres, Charles Saumarez; o director de Factum Art e fundador da Factum Foundation for Digital Technology in Conservation, Adam Lowe; a comisaria xefa na Henie Onstad Kunstsenter, Caroline Ugelstad; o artista e investigador sobre historia da pintura e cultura visual contemporánea, Dag Erik Elgin; a co-promotora do festival de cine de arquitectura ArchFilmFest de Londres, Charlotte Skene Catling; e os arquitectos doutorandos Nick Walkley e Simon Mitchell.