Inicio Galicia Sanidade pon á disposición da cidadanía un autotest con información sobre o...

Sanidade pon á disposición da cidadanía un autotest con información sobre o coronavirus na páxina web do Sergas

Sanidade pon á disposición da cidadanía un autotest con información sobre o coronavirus na páxina web do SergasA Consellería de Sanidade vén de publicar, a través da páxina web https://coronavirus.sergas.es, que o Servizo Galego de Saúde dedica de xeito exclusivo ao coronavirus, un autotest para que a cidadanía poda consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade.

Coa posta en marcha deste test interactivo, elaborado por persoal sanitario, proporciónase á poboación un sistema áxil e inmediato no que atopar información actualizada sobre cuestións relacionadas co coronavirus. Ademais o feito de que o test personalice as respostas, a través de preguntas concretas, permite ofrecer recomendacións adaptadas á situación particular de cada persoa.

Proporciona un sistema áxil e inmediato no que atopar información actualizada sobre cuestións relacionadas con esta enfermidade

Esta nova ferramenta de información e consulta, súmase a outras iniciativas relacionadas coa atención a esta enfermidade, xa postas en marcha desde Consellería de Sanidade, como o teléfono gratuíto 900 400 116 que nestes días incrementou a súa demanda asistencial ata nun 60%.

Entradas personalizas segundo cada situación

O test, que está dispoñible en galego e castelán, presenta catro entradas que formulan as diferentes situacións que poden estar a vivir as persoas que o realizan, así como información sobre as dúbidas máis frecuentes acerca de temas relacionados co coronavirus.

Na primeira entrada está a opción para as persoas que teñan síntomas e que estean preocupadas porque cren que poda deberse ao coronavirus. Neste caso a través do recoñecemento dos síntomas que presenta a persoa (tose, dificultade para respirar, febre maior de 38º ou sen síntomas) e a través dun sinxelo interrogatorio danse recomendacións ou se indica como acceder ao sistema sanitario para que sexa atendido por profesionais sanitarios.

A segunda entrada é para aqueles que se atopan illados ou confinados na casa. Neste caso, danse unha serie de indicacións sobre o que deben facer mentres permanezan na súa vivenda. Tamén se indica o que deben facer no caso de que estean pendentes de que se lle tomen as mostras para saber se están contaxiados, no caso de que estean á espera dos resultados das mesmas ou se empeorou a súa clínica desde o confinamento.

A terceira entrada informa a aqueles que deran positivo nesta enfermidade e ofrece as recomendacións a seguir mestres estean confinados ou no caso de que a súa clínica empeorase desde que permanecen no domicilio.

Por último, a cuarta entrada ofrece información sobre as dúbidas máis frecuentes acerca de temas relacionados co coronavirus.

Cómpre recordar que o novo coronavirus transmítese principalmente por vía respiratoria e polo contacto directo con secrecións respiratorias e que na maioría dos casos a infección por esta enfermidade é similar a un arrefriado común.

PÁXINA WEB:  https://coronavirus.sergas.es

A Consellería de Sanidade solicita, unha vez máis, que se empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella chamar os seus centros de saúde ou utilizar o número gratuíto 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para facilitar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies