·Publicidade ·spot_img
InicioCondado ParadantaSalvaterra prepárase para a LXII Festa do Viño do Condado do Tea

Salvaterra prepárase para a LXII Festa do Viño do Condado do Tea

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén o distintivo "Q de Calidade Turística"Vinte e sete adegas da subzona participarán na cita que terá lugar entre o venres 27 e o domingo 29 de agosto con catas, visitas comentadas e concertos como o de Susana Seivane

A pesares da situación sanitaria que restrinxe de forma considerable a celebración de diversos actos que son a insignia do municipio, o Concello de Salvaterra de Miño non quere deixar pasar a ocasión para celebrar a súa festa por excelencia, a Festa do Viño do Condado do Tea, declarada Festa de Interese turístico de Galicia, totalmente adaptada a normativa COVID.

Deste modo a conmemoración da festa este ano xirará en base a cinco grandes piares, a CATA Á PROCURA DOS VIÑOS DELICIOSOS DO ANO, O TUNEL DO VIÑO, CATAS COMENTADAS , VISITA ÁS ADEGAS e CONCERTOS.

As actividades desenvolveranse os días 27, 28 e 29 de agosto. Así o túnel do viño arrancará o venres pola mañá ata o domingo, nas instalacións do Museo da Ciencia do Viño, durante ese fin de semana os participantes poderán degustar os viños das 27 adegas que participan da subzona do Condado do Tea  e dos espumosos da DO Rías Baixas. Durante os mesmos días todos aqueles que queiran poderán desfrutar das catas comentadas que ofrecerán 14 das   adegas  participantes na Casa do Viño.

Salvaterra prepárase para a LXII Festa do Viño do Condado do Tea

 

Tamén nesa fin de semana seis adegas que participan na Festa ofrecen a posibilidade de visitas as súas instalacións con degustación de viño incluída.

Todas as persoas que queiran participar nalgunha das actividades que se realizan en torno a Festa do Viño do Condado do Tea terán que inscribirse.

E o sábado 28 levarase a cabo a cata á procura dos viños deliciosos do ano.

Este ano tampouco faltará a música arredor das celebracións, así o venres teremos o concerto da BANDA CREBINSKY, o sábado estará con nos SUSANA SEIVANE e o domingo pecharemos con A RODA, os concertos celebraranse na praza do Concello.

Unha programación ampla e variada,  de acordo coas restricións sanitarias vixentes.

Salvaterra prepárase para a LXII Festa do Viño do Condado do Tea

 

ADEGAS PARTICIPANTES FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA 2021

ADEGAS VIÑA NORA

JOSE ARAUJO PEÑA

ADEGA FILLABOA, S.A.

SEÑORIO DEL SOBRAL, S.L.

PAZO SAN MAURO, S.A.

PAZOS DE LUSCO S.L.

BODEGAS AS LAXAS, S.A.

BODEGAS MARQUES DE VIZHOJA, S.A.

ADEGA MARIA BARGIELA

ADEGAS LAVAL

SEÑORIO DE RUBIOS

PAZO PONDAL

EIDO SELA

ABADÍA DE TORTOREOS

VINICOLA DEL MIÑO

ADEGA VEIRA ARAL

ADEGA ADRAL

ADEGAS GALEGAS

FINCA GARABELOS

PAZO AS BARREIRAS

VALTEA

GENAROS

PAZO PEGULLAL

EIDO DA FONTE

ADEGAS GANDARA

TERRAS DO SUR

TRICO

Salvaterra prepárase para a LXII Festa do Viño do Condado do Tea

 

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies