spot_img
InicioCondado ParadantaSalvaterra organiza un ano máis unha campaña de prevención da violencia de...

Salvaterra organiza un ano máis unha campaña de prevención da violencia de xénero nos centros educativos

Salvaterra organiza un ano máis unha campaña de prevención da violencia de xénero nos centros educativosOs colexios de Salvaterra de Miño participan no proxecto Prevención da Violencia de Xénero en Educación, a través do Concello e subvencionado pola Deputación de Pontevedra

O Concello considera que é un programa moi importante para @s nos@s pequen@s. O obxectivo do mesmo é favorecer as relacións de xénero saudables, baseadas na igualdade, no  respecto mutuo e na liberdade individual;  anticiparse ao establecemento das relacións asimétricas entre o home e a muller que supoñan o sustento da violencia de xénero nas súas distintas modalidades,  ademais de apoiar ao profesorado na educación emocional do alumnado.

O programa vai dirixido ao alumnado e profesorado de 3º e 4º de primaria do CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares, o número aproximado de participantes será de 215.

Todas as actividades serán presentadas e programadas xunto cos centros educativos durante o mes de novembro, uns de forma presencial e outros de forma online. No CEIP Infante Felipe as xornadas serán a semana do 2 ao 6 de novembro, xoves e venres, a semana do 9 ao 13 de novembro, xoves e venres, e a semana do 16 ao 20 de novembro, xoves e venres ; o CEP Carlos Casares os mércores 11, 18 e o xoves 26 de novembro. Sesións de 09:40 a 10:30 e de 10:30 a 11:20; e por último CEIP leirado (online) martes 3, 10 e 17 de novembro de 10:00 a 10:50 con terceiro e de 10:50 a 11:40 con cuarto.

Ademais este programa inclúe como novidade a elaboración dun vídeo onde se mostrarán esas accións e obxectivos a cumprir, que se irá elaborando de aquí a finais de curso.

Con iniciativas como estas o Concello pretende que @s nos@s nen@s obteñan unha educación baseada na integración, igualdade e respecto.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.