·Publicidade ·spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas homenaxea a Ricardo Carvalho Calero no 110 aniversario do seu nacemento

Ponteareas homenaxea a Ricardo Carvalho Calero no 110 aniversario do seu nacemento

Ponteareas homenaxea a Ricardo Carvalho Calero no 110 aniversario do seu nacementoO Concello de Ponteareas continúa a procurar alternativas para manter unha programación cultural segura e estábel (dentro das medidas sanitarias). Así, este sábado, día 31 de outubro, divulgará, coa colaboración das panadarías de todo o municipio, bolsas do pan (en papel procedente de fontes sostíbeis, de fabricación galega, ecolóxico e 100% reciclábel) coas caras impresas de Ricardo Carvalho Calero e Alfredo Pedro Guisado acompañadas dunha breve biografía e un poema de senllos escritores.

A Concellaría de Lingua que dirixe Fernando Groba Bouza, que xa levara adiante outras iniciativas para celebrar o Día das Letras Galegas 2020 na propia semana do 17 de maio, entre as que destacou a chamada “Carvalho na túa voz” en que multitude de persoas se gravaron nas súas casas recitando textos do escritor ferrolán para publicar e compartir nas redes sociais do consistorio, retoma a celebración agasallándolles a todas as e os ponteareáns un anaquiño da nosa cultura e da nosa lingua. A excusa é o adiamento que fixo a Real Academia Galega para levar a cabo o plenario que lle corresponde pola imposibilidade de poder facelo no seu día.

Ademais de homenaxear o escritor que nos representa a todos os galegos e galegas por ser o ano que a Real Academia Galega escolleu para el e por coincidir o 110 aniversario do seu nacemento neste venres 30 de outubro, aproveitamos a ocasión para dar a coñecer e poñer tamén en valor figuras das letras do noso concello” comenta o concelleiro nacionalista. “Este ano escollemos a Alfredo Pedro Guisado porque reencarna á perfección ese vínculo co reintegracionismo de Calero co mundo lusófono e porque o próximo ano será tamén o 130 aniversario do seu nacemento” informa.

O concelleiro de Lingua salienta a importancia de divulgar e pór en valor unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, que dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas, e outra que, para Ponteareas, foi tan senlleira. Agradece tamén a implicación das panadarías da localidade en divulgar a figura homenaxeada co reparto destas bolsas conmemorativas.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies