O Concello de Salceda esta ultimando a instalación de todos os elementos da exposición permanente do Rancho de Reis, que se moi pronto poderá ser visitada no Auditorio Municipal.Foi posible grazas ao investimento de 11.770 € dentro do Plan Concellos 2020 da Deputación Pontevedra, e inclúe o acondicionamento e pintado do espazo, as figuras e traxes dos danzantes e a dama, e a compra de tres obras pictóricas de Xose Ramón Paz Antón.




