spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda terá un novo un Programa Integrado de Emprego de Galicia

Salceda terá un novo un Programa Integrado de Emprego de Galicia

Salceda de Caselas pon en marcha un Programa Integrado de Emprego para atender a 100 persoas desempregadas
Centro de Desenvolvemento Local do Torrón

O Concello de Salceda de Caselas ven de recibir unha subvención de 250.000 € da Xunta de Galicia para poñer en práctica un novo Programa Integrado de Emprego de Galicia que beneficiará a 100 persoas desempregadas

O programa acollerá persoas desempregadas con diferentes perfís e nivel de cualificación. Sendo o servicio público de emprego o que facilitará a selección das persoas participantes, xa que todas elas teñen que estar anotadas na oficina de emprego, aínda que todas as interesadas poden preinscribirse na ligazón: http://ow.ly/TAMu50GX62U ata o venres 3 de decembro.

As persoas beneficiarias do programa integrado de emprego participarán nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante a duración do programa. A formación agrupase en tres itinerarios formativos: un sociosanitario, no que se impartirá formación vinculada ao ámbito; un de almacén e transporte, no que se incluirá a obtención de dos permisos de conducir B e C; e un de industria, no que se incluirá formación relacionada coa automoción e procesos de fabricación en xeral. Ademais faranse prácticas formativas en empresas da zona coas que o Concello xa ten establecidos convenios de colaboración: Aceesca, Febeco, Playdesa, Industrias Proa e Sociser Galicia. Tamén colaboran a través de convenios a Asociación de Comerciantes e Industrias de Salceda “ACISA” e a Entidade Urbanística do Polígono de A Granxa. Todo isto para cumprir co compromiso de inserción laboral marcado dun 45%

O Concello de Salceda conta co Centro de Desenvolvemento Local O Torrón para levar a cabo este tipo de programas, onde xa se está a desenvolver un obradoiro de emprego dual dende o pasado 22 de outubro, ademais de contar cun servizo de orientación e un técnico de emprego. Dende aquí se xestionará o programa con persoal técnico especializado que atendería ás persoas participantes.

Verónica Tourón, alcaldesa e responsable da área de emprego e formación: “Os programas integrados de emprego son unha da políticas activas máis eficaces para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas e reducir o desemprego. No anterior programa integrado executado en Salceda acadouse unha inserción de case un 60% e estou segura de que se cumprirá o obxectivo de novo“

- Publicidade -spot_img