spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda retoma a modificación puntual das normas subsidiarias no Cerquido co apoio...

Salceda retoma a modificación puntual das normas subsidiarias no Cerquido co apoio de Zona Franca

Salceda retoma a modificación puntual das normas subsidiarias no Cerquido co apoio de Zona FrancaA Alcaldesa, Loli Castiñeira, a Concelleira de Urbanismo, Verónica Tourón, os técnicos municipais, e parte do equipo de goberno reuníronse esta mañá con David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo, e o seu equipo técnico.

O Salón de Plenos de Salceda de Caselas acolleu esta mañá a xuntanza de traballo que tivo lugar entre o Concello e a Zona Franca de Vigo, na procura de poder sacar adiante a modificación puntual das normas subsidiarias na zona do Cerquido, que contempla a calificación como chan industrial de 623.760 m2 dun total de 1.230.115 m2 de actuación.

Hai que lembrar que as empresas alí instaladas teñen as súas naves en chan rústico o que lles impide ampliar ou reformar as mesmas. Ademais, o Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables do Ministerio de Medio Ambiente inclúe boa parte da área empresarial actual, problemas que se solucionarán coa aprobación da modificación. Por outra banda abriríase a posibilidade de que se instalasen alí novas empresas, coa consecuente creación de emprego que beneficiaría a Salceda e arredores.

Salceda retoma a modificación puntual das normas subsidiarias no Cerquido co apoio de Zona Franca

O Concello conseguirá ademais 12.475m2 para equipamentos públicos, así como o 10% da edificabilidade en chan industrial. En canto aos veciños e veciñas da zona do Cerquido, esta modificación garántelles a protección urbanística do núcleo de vivendas xa existente, deixando o núcleo perfectamente delimitado.

David Regades púxose a disposición do equipo de goberno para poder sacar adiante o proxecto e abriu una vía de comunicación entre os equipos técnicos de ámbalas dúas institución.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, agradeceu a boa disposición de Zona Franca e do seu delegado, lembrando a enorme importancia que esta modificación ten para o Concello de Salceda, e a oportunidade única de ordear a principal zona industrial de Salceda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.