spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda presentou a súa programación de Nadal, con máis de 30 actividades...

Salceda presentou a súa programación de Nadal, con máis de 30 actividades centradas no público infantil

Salceda presentou a súa programación de Nadal, con máis de 30 actividades centradas no público infantilA Casa da Cultura Castelao acolleu onte a presentación da programación de Nadal do Concello de Salceda de Caselas, que se estenderá ata o día 5 de xaneiro con máis de 30 actividades actividades centradas no público infantil, coa cuarta edición do Pequeno Circo de Nadal como prato forte e a volta de actividades tras a pandemia.

Revista COUSAS DE Nº15

A presentación contou coa presenza de Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura, de Nelson Quinteiro, o director artístico do Pequeno Circo de Nadal e da Alcaldesa Verónica Tourón.

O Concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez quixo resaltar a gran acollida do acto de acendido da iluminación de Nadal o pasado venres, onde centos de persoas acudiron á praza do Concello para poder ver o novo deseño da iluminación deste ano. A cuarta edición do Pequeno Circo de Nadal será sen dúbida o prato forte da programación, convertíndose xa nun festival referente na contorna, e que durante catro días fará as delicias do público máis xove e de toda a veciñanza. Deste xeito, Nelson Quinteiro, o director artístico do Festival quixo incidir na gran envergadura que colleu o Festival, e que este ano incorpora unha cualidade solidaria coa participación da Fundación Theodora, que realiza visitas a nenos e nenas en máis de 50 hospitais.

Outra das novidades deste ano é a volta de citas cunha gran traxectoria, e que non se puideron realizar nos dous últimos anos debido á COVID19, como o Festival de Panxoliñas ou a Carreira Solidaria San Silvestre. Así, a programación comeza co Festival de Panxoliñas, que se celebrará este domingo e no que participarán as corais Vagalume de Oia, o Coro Cantemos de Salvaterra de Miño, a Coral Polifónica de Entenza e a Coral Polifónica Santa María de Salceda.

Salceda presentou a súa programación de Nadal, con máis de 30 actividades centradas no público infantil

Ademais de volver citas importantes, tamén volven as actuacións ao Auditorio Municipal. O Festival de Panxoliñas é unha delas, pero tamén o tradicional Concerto da Banda de Música Cultural de Salceda, ou a Audición de Nadal da Escola de Música de Salceda. Tamén o Auditorio Municipal acollerá o día 21 o contacontos Fazula e o Ladrón de Paraugas, a través do FalaRedes.

Outra cita que sen dúbida atraerá a centos de persoas será a cuarta edición do Encontro de Ranchos Tradicionais, que cada unha das veces que se ven celebrando no municipio está a resultar de gran éxito, polo que se prevé que tamén nesta ocasión sexa un acto multitudinario.

O comercio local tamén é protagonista desta programación a través da Asociación de Comerciantes e Industriais ACISA. Así, os días 17 e 18 saerán á rúa nun Mercado de Nadal, e o día 30 de decembro, festexaremos o fin de ano dun xeito adiantado, polo que poida pasar.

A programación complétase con outras actividades, como a Papanoelada Moteira, o Festival da Asociación de Persoas Xubiladas e Pensionistas, a Visita do Apalpador ou o Concurso de Escaparates, Obradoiros Infantís e pecharase coa tradicional Cabalgata de Reis, que volve tamén ao seu formato habitual.

Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura: “Chega a época do Nadal, unha época chea de ilusión e pola que en Salceda apostamos forte nos últimos anos, convertíndonos así nun referente na programación cultural na contorna, incidindo no público infantil, principal protagonista destas festas”.

Verónica Tourón, Alcaldesa: “Presentamos unha programación completa para estas datas tan especiais, que vai dende cultura, deporte, infancia ou comercio, para que todas e todos poidamos volver a convivir na nosa vila e compartir a ilusión do Nadal”

PROGRAMACIÓN NADAL 2022/2023

 

Venres 2 de decembro

  • 18:00 “A Bailar no Nadal” con Animar-t. Praza do Concello
  • 19:00 Acendido alumeado Nadal. Praza do Concello

Mércores 7 de decembro

  • 00 Presentación programación Nadal

Domingo 11 de decembro

  • 00 Festival de Panxoliñas. Auditorio Municipal
    • Coral Polifónica Vagalume de Oia
    • Coral Polifónica de Entenza
    • Coro Cantemos de Salvaterra de Miño
    • Coral Polifónica Santa María de Salceda

Venres 16 de decembro

  • 00 Audición de Nadal da Escola de Música de Salceda. Auditorio municipal

Sábado 17 de decembro

  • 00 IV Encontro de Ranchos Tradicionais. Praza do Concello

Domingo 18 de decembro

– 15.30 Papanoelada Moteira. Praza do Concello

– 16.30 Festival da Asociación de Persoas Xubiladas e Pensionistas de Salceda. Praza de Abastos

– 19.30 Concerto de Nadal da Banda Cultural de Salceda de Caselas. Auditorio Municipal

Sábado 17 e domingo 18 de decembro

  • Mercado de Nadal. Rúa Joaquín Fernández Sestelo. Organiza ACISA.

Mércores 21 de decembro

  • 00 Contacontos Fazula e o ladrón de paraugas. Auditorio Municipal

Xoves 22 e venres 23 de decembro

  • 00-20.00 Obradoiro de Casiñas de Xenxibre. Auditorio Municipal
    • Inscrición previa na Casa da Cultura Castelao

Do luns 26 ao xoves 29 de decembro

  • IV Pequeno Circo de Nadal. Praza do Concello.

Venres 30 de decembro

– 21.30 X San Silvestre Solidaria

– 00.00 Pre Noitevella

Luns 2 de xaneiro

  • 00 Visita do Apalpador. Praza do Concello

Xoves 5 de xaneiro

  • 00 Cabalgata de Reis con saída na Praza da Devesa e chegada na Praza do Concello

Outras actividades: IV Concurso de Escaparates de Nadal.

- Publicidade -spot_img