spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda presenta o seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas

Salceda presenta o seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas

Salceda presenta o seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e TapasO Concello de Salceda de Caselas celebrará desede o venres 19 ao domingo 28 de novembroo seu 1º concurso #ConSalceda de pinchos e tapas

Na presentación a concelleira de comercio e alcaldesa Verónica Tourón estivo acompañada por Acisa, xa que a asociación colabora nesta iniciativa do concello, representada pola súa presidenta Elisa Rodríguez Vaqueiro e polo representante da hostalería Marcos Salgueiro Montenegro. Ao acto tamén acudiu a tenente de alcaldesa Loli Castiñeira.

Este 1º concurso de pinchos e tapas celebrarase en Salceda do venres 19 ao domingo 28 de novembro, e nel establécense dúas categorías: pincho e tapa, na categoría de pincho participan:  Tabertenda, Cafetería Altamira, A Parra e Lajala; e na categoría de tapa participan: O Recuncho, La Marujita, Tapería Ozores, El Palenque, A Parra, Calustra e A Regueira Gastro.

O prezos  fixados serán de 3 euros a tapa e 1 euro o pincho, o horario será libre para cada local pero marcado previamente, e ademais os locais poderán servir a súa tapa ou pincho tódolos días ou os que escollan segundo as súas necesidades.

En cada local atoparase unha urna para que todas as persoas que queiran degustar os pinchos e tapas voten de 0 a 5 no momento do consumo. Toda está información estará exposta nos locais comerciais e nas redes sociais nos próximos días.

Cada categoría ten dous premios, primeiro e segundo, que resultará nunha placa de recoñecemento da posición conseguida para os locais participantes. Pero non só haberá recoñecemento para os hostaleiros gañadores , senón que as persoas que degusten as tapas e pinchos tamén poderán acadar premios, en total 900 euros a repartir por parte do concello, dos locais participantes e de Acisa, que en colabora con vales de compra para gastar nos establecementos da asociación por valor de 500 euros en total. Ademais todas as persoas participantes que completen  a ruta de pinchos e tapas selando o cartón de participación que haberá nos locais, terán un agasallo directo doado polo establecementos que participan no concurso.

Salceda presenta o seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas

Con esta medida preténdese seguir dinamizando o comercio e a hostalería de Salceda, ademais de axudar a volta a normalidade trala época de pandemia que estamos a padecer, na que o comercio e a hostalería sufriron restricións que non lles permitiron desenvolver a súa actividade de xeito normal, con limitacións en horarios e aforos, ademais de peches. Un dos maiores esforzos da pandemia recaeu nestes sectores, polo que voltar  a socializar e desfrutar dos comercios e locais de hostalería de Salceda é unha boa maneira de axudar.

Por outra banda , con esta iniciativa o concello segue a poñer de relevo a marca #ConSalceda, coa finalidade  de convertela nunha marca de referencia para dar visibilidade a todo o comercio local, a hostalería e a praza de abastos. Unha marca comercial que identifique Salceda a través de valores implícitos valores como o de traballar conxuntamente para por en valor “o noso”.

Verónica Tourón, concelleira de comercio : “continuaremos a por en marcha iniciativas que activen a economía de Salceda e seguiremos a apoiar ás que partan da hostalería, comercio e industria, porque axudar ao comercio é axudarnos a nós, a toda a veciñanza

- Publicidade -spot_img