spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda presenta o Programa Integrado de Emprego con 100 persoas desempregadas

Salceda presenta o Programa Integrado de Emprego con 100 persoas desempregadas

Salceda presenta o Programa Integrado de Emprego con 100 persoas desempregadasO Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Emprego e Formación que dirixe a alcaldesa Verónica Tourón, ven de presentar o Programa Integrado de Emprego, subvencionado con 250.000 € por parte da Xunta de Galicia

Á xornada de presentación acudiron as 100 persoas desempregadas de diferentes colectivos: persoas con discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego e RAI, mulleres, etc. Na mesma tamén estiveron presentes a Coordinadora do Plan Olga Carril, a  súa Orientadora e Prospectora Laboral Sandra Núñez e a técnica administrativa do mesmo Carmen Galiñanes.

As persoas beneficiarias participarían nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante os 12 meses de duración do programa. Ademais da formación que se agrupa en tres itinerarios formativos: un sociosanitario, no que se impartirá formación vinculada ao ámbito; un de almacén e transporte, no que se incluirá a obtención de dos permisos de conducir B e C; e un de industria, no que se incluirá formación relacionada coa automoción e procesos de fabricación en xeral. Ademais faranse prácticas formativas en empresas da zona coas que o Concello xa ten establecidos convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado como Aceesca, Febeco, Playdesa, Industrias Proa e Sociser Galicia. Tamén colaboran a través de convenios a Asociación de Comerciantes e Industrias de Salceda “ACISA” e a Entidade Urbanística do Polígono de A Granxa.

O Concello de Salceda desenvolverá este programa no Centro de Desenvolvemento Local O Torrón, que conta cunhas instalacións recentemente reformadas no último ano. Dende aquí xestionarase o programa con persoal técnico especializado que atendería ás 100 persoas participantes.

Verónica Tourón, definiu o programa como “unha moi boa oportunidade para mellorar a empregabilidade, unha carreira de fondo na búsqueda de emprego que, con seguridade vai a mellorar neste eido e a vida das persoas participantes”. Engade, “dende o equipo de goberno apostamos por poñer en marcha políticas activas de emprego e este é un claro exemplo”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.