spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda celebra a 1ª edición do Mercado Patas Arriba: música, actividades familiares...

Salceda celebra a 1ª edición do Mercado Patas Arriba: música, actividades familiares e solidariedade animal

salceda-celebra-a-1a-edicion-do-mercado-patas-arriba-musica-actividades-familiares-e-solidariedade-animalOs días 7 e 8 de xuño celébrase por primeira vez en Salceda de Caselas o Mercado Patas Arriba, un evento solidario en apoio aos animais que reunirá a varias protectoras da zona, nunha fin de semana chea de actividades para todas as idades.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

A Asociación Gatopía Salceda organiza este evento, no que tamén participan outras protectoras que se suman á iniciativa, como: Tú Eres Nuestra Ayuda, Patudos Peludos, Protectora de Animais do Morrazo, Asociación de Rescate Animal Ohana, Gatiños da Rúa, Colonias Canguesas, Cañiza Felina e Aloia Protectora de Animais de Tui.

Cada protectora contará co seu propio posto, onde se poderá coñecer o seu traballo, colaborar con doazóns, mercar artigos solidarios e informarse sobre adopcións e outras formas de colaboral con elas.

Ademais, habilitarase un espazo chamado “O Recuncho das Miradas”, onde se exporán fotografías dos animais en adopción de cada protectora, para que as persoas visitantes poidan coñecelos mellor e, quén sabe, atopar un novo compañeir@ de vida.

PROGRAMACIÓN DESTACADA:

  • Sábado:
    • Concerto de Laura Marino e Fer.
    • Actividades infantís da man de Ludoteca Caruchiños.
    • Photocall Peludo, coa fotógrafa Aldara David.
    • Concerto de Xeración M.
    • Clase de zumba con Agus (Mere Fit).
  • Domingo:
    • Actuación de baile do grupo Dansá Performing Arts.
    • Concerto de Pa Ti Na Ma.
    • Sorteos solidarios dunha camiseta e dun balón oficiais asinados por todo os xogadores do Real Club Celta de Vigo.

Tamén haberá un posto de comida caseira con biscoitos, empanadas e outras lambetadas (con opcións veganas), cuxa recadación irá destinada integramente ás asociacións participantes.

O Mercado Patas Arriba nace coa ilusión de crear un espazo de encontro onde o cariño polos animais, a música e a convivencia vaian da man. Queremos que esta primeira edición sexa só o comezo dun camiño cheo de solidariedade, concienciación e momentos compartidos. Se amas aos animais, cres nun mundo máis xusto para eles e queres pasar unha fin de semana diferente, este é o teu lugar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.