spot_img
InicioAlto MinhoRueda urxe investimentos e un calendario de actuacións para a liña de...

Rueda urxe investimentos e un calendario de actuacións para a liña de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal

rueda-urxe-investimentos-e-un-calendario-de-actuacions-para-a-lina-de-alta-velocidade-entre-galicia-e-a-fronteira-de-portugalO presidente da Xunta que participou hoxe no acto de sinatura pública dun manifesto a favor do impulso das conexións co país veciño, asegura que é unha infraestrutura “prioritaria e vital para Galicia” que precisa de “planificación, orzamento e prazos concretos” por parte do Goberno central

Revista Cousas de nº21

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, urxiu hoxe ao Goberno central un plan de investimentos e un calendario de actuacións para impulsar e executar a liña de alta velocidade ferroviaria entre Vigo e a fronteira portuguesa. “É unha infraestrutura prioritaria e vital para Galicia e para que sexa unha realidade se precisa una planificación, orzamentos e prazos concretos”, destacou.

Así o sinalou hoxe durante un acto en Valença do Minho no que se asinou un manifesto a favor desta conexión. A esta petición sumáronse diferentes actores do tecido social e económico a un e outro lado da fronteira, como concellos, deputacións, empresarios, sindicatos ou universidades.

O titular do Executivo galego destacou a importancia de que se unan forzas ao redor desta reclamación, que considerou de xustiza. “Reclamamos o que nos corresponde, o que merecemos e o que levamos tempo esperando”, indicou o presidente que lembrou que a raia entre Portugal e Galicia é a fronteira entre España e o país luso “con máis tráfico e máis relacións de todo tipo” como culturais ou económicas. “Somos unha soa terra para moitas cousas”, salientou.

A alta velocidade entre Portugal e Galicia xa foi considerada prioritaria en distintas cimeiras ibéricas entre España e Portugal, e que o presidente tratou esta cuestión directamente cos ministros español e portugués do ramo.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A Xunta xa trasladou en diferentes ocasións a súa preocupación polo avance das obras da parte española, en tanto non hai unha reserva orzamentaria suficiente para acometer a Saída Sur de Vigo; e tampouco hai avances significativos desde hai anos no tramo que vai entre Porriño e a fronteira portuguesa. Pola contra, Rueda fixo fincapé no compromiso do Goberno luso de levar a cabo as actuacións precisas no seu país para facer realidade esta conexión ferroviaria.

Por último, Rueda apuntou que no manifesto tamén se reclama unha mellora do coñecido como Tren Celta que une Vigo con Porto. Así, apuntou á necesidade de modernizalo porque actualmente a conexión e o material rodante desta liña non cómpren cos estándares actuais de eficiencia.

Adhesións ao manifesto

Do lado galego, adheríronse polo de agora ao manifesto as confederacións de empresarios de Galicia e das catro provincias; as deputacións de Lugo, Pontevedra e Ourense; a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp); as Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT) Norte de Portugal, Río Miño e Chaves-Verín; as Universidades de Santiago e Coruña e os consellos sociais das tres universidades; o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal; e a Fundación de Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER).

Do lado portugués, subscribiron o documento: o a Asociación Empresarial de Portugal (AEP); a Asociación de desenvolvemento rural integrado da Lima; a Comunidade Intermunicipal do Cávado; as cámaras municipais de Valença, Chaves e Ponte de Lima; a universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.