Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febrero de 1837 nunha casa do Camiño Novo, actual Rúa Rosalía de Castro
Ademais da súa vida familiar, Compostela foi testemuña de múltiples actuacións teatrais de Rosalía e fonte de inspiración para a súa obra.
Morreu en Padrón no ano 1885 aos 48 anos de idade. O 25 de maio de 1891 foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente no mausoleo creado polo escultor Jesús Landeira na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe, Panteón de Galegos Ilustres.
Monumento no Parque da Alameda
No Paseo da Ferradura do Parque da Alameda de Santiago atópase unha bonita estatua dedicada á súa memoria. Trátase dunha escultura feita en granito, inaugurada na festas do Apóstolo do 1917. Ademais da figura da escritora, o monumento inclúe personaxes populares, alma nas súas obras, e títulos das súas publicacións máis coñecidas: El caballero de las botas azules, Cantares gallegos, En las orillas del Sar, Follas Novas.
Rosalía aparece retratada coa cabeza apoiada na súa man e moi pensativa “na postura na que tradicionalmente se representa á melancolía na historia do arte”
Conta tamén con diversas placas conmemorativas de agrupacións galegas que a recordan: da Unidade Galega de Nova Iorque dedicada á “cantora do pobo galego”, do Centro Santiago de Compostela de Bos Aires (1934), da Peña Gallega Manuel Murguía de Santa Fe (1959), do Centro Galego de Puerto Rico (1965) e de Cantigas e Agarimos (1971), entre outras.
19 ARTISTAS
Para o seu deseño convocouse, a principios do ano 1914, un concurso de bosquexos aos que se presentaron 19 artistas, estando o tribunal encargado de elixir a proposta gañadora por personalidades da época.
Entre os traballos presentados había desde os máis clasicitas ata os máis innovadores. Finalmente, o xurado outorgou o premio ao proxecto Follas Novas, do arquitecto Isidro de Benito e o escultor Francisco Clivillés
O enclave no que se atopa é idílico pola súa abundante vexetación e vistas da Catedral e do Campus Sur Universitario.






