spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela non poderá rescindir nun curto prazo de tempo o contrato do...

Redondela non poderá rescindir nun curto prazo de tempo o contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Redondela non poderá rescindir nun curto prazo de tempo o contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)A alcaldesa de Redondela compareceu este mércores en rolda de prensa para explicar que o goberno local ha aberto “un novo expediente á concesionaria do SAF (Servizo de Axuda ao Fogar) por penalidades graves ante os seus sucesivos incumprimentos, no marco do cal hai un informe técnico que recoñece eses incumprimentos e a situación de desamparo dos usuarios.

Cousas de revista nº16

“O novo expediente aberto require unha nova análise de incumprimentos reiterados e a valoración dos mesmos”, sinalou, e engadiu que o devandito trámite pode acabar cunha sanción moi grave ou ben coa rescisión do contrato. Con todo, reiterou, deben cumprirse uns trámites administrativos de traslado á empresa, nomeamento de instrutor, prazo para alegacións, etc. Así, a resolución do contrato “levaría 4 ó 5 meses”, segundo Digna Rivas.

Rivas sinalou que, a día de hoxe, o adecuado é “reforzar os pregos consensuados coas técnicas, sindicatos e partidos, para licitar o contrato para setembro”. “A intención é garantir a prestación do servizo”. A rexidora local quere dar as gracias “ás técnicas e técnicos deste concello polo esforzo que levan a cabo día a día para que se cumpran os pregos e poder seguir co proceso de licitación. Estanse poñendo todos os recuros xurídicos a disposición desta problemática e informando aos sindicatos, partidos políticos e traballadoras en todo momento.

Finalmente a rexidora animou as familias usuarias “que continúen metendo por rexistro calquera irregularidade que acometa a empresa porque esa documentación é útil para seguir co traballo de fiscalización que se está a facer dende o Concello ”

- Publicidade -spot_img