spot_img
InicioVal MiñorNigránRomper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para o...

Romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para o Centro Juan María, obxetivo do “Basket sen Barreiras” de 2018

romper-obstaculos-sociais-traves-do-deporte-e-recadar-fondos-centro-juan-maria-obxetivo-do-basket-sen-barreiras-deste-anoO Club Baloncesto Nigrán e a Federación Galega de Baloncesto organizan a cuarta edición do Torneo Basket sen Barreiras que se celebrará os días 26 e 27 de marzo no Pavillón do Colexio de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para entregar ao Centro Juan María co fin de colaborar na oferta de servizos e novos proxectos para as persoas con discapacidade intelectual.

O torneo desenvolverase ambos os días en horario de mañá e tarde. As xornadas de mañá servirán especialmente para visualizar e promover a integración social de persoas con algún tipo de discapacidade. Para iso contarán co Club AMFIV e o Centro Juan María, que disputarán diferentes partidos cos xogadores e xogadoras das diferentes categorías do CB Nigrán e do CB Caselas como club invitado.

romper-obstaculos-sociais-traves-do-deporte-e-recadar-fondos-centro-juan-maria-obxetivo-do-basket-sen-barreiras-deste-anoPara as xornadas de tarde habilitaranse 3 pistas nas que xogarán os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías alevín, benjamín e baby. Estas dúas últimas o luns de tarde e a categoría alevín pechando o torneo o martes de tarde. Xa foron varios os clubs da provincia que confirmaron a súa asistencia entre os que se atopas o PBB, O CAB Pontevedra, Cluny ou Defensores.

Os diferentes encontros serán arbitrados por colexiados da Federación Galega de Baloncesto a través do seu comité de árbitros que participan no evento de forma totalmente altruísta. Cada xogador/a participante realizará un donativo para colaborar co centro Juan María que será depositado na urna solidaria que se atopará no Pavillón durante os dous días de torneo. Todas as familias de xogadores así como o resto de persoas asistentes poderán colaborar con este fin solidario achegando o seu donativo na devandita urna.

Durante os dous días de competición realizaranse sorteos de diferentes agasallos entre os asistentes que consistirán en material deportivo cedido por entidades e empresas da localidade que colaboran co CB Nigrán.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.