spot_img
InicioO SalnésCambadosRomán Rodríguez enxalza a figura de Asorey como “renovador da escultura sen...

Román Rodríguez enxalza a figura de Asorey como “renovador da escultura sen renunciar ao seu vínculo coa tradición e a simboloxía de Galicia”

roman-rodriguez-enxalza-a-figura-de-asorey-como-renovador-da-escultura-sen-renunciar-ao-seu-vinculo-coa-tradicion-e-a-simboloxia-de-galiciaO conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez, participou no acto principal en conmemoración do Día das Artes Galegas dedicado a Francisco Asorey, organizado pola Real Academia Galega de Belas Artes. “Este día é moito máis que unha celebración en torno a figuras indiscutibles da nosa cultura como o Mestre Mateo, Castelao, Maruxa Mallo, Laxeiro, Martín Códax e agora Francisco Asorey”, salientou.

Revista Cousas de nº21

O representante da Xunta recoñeceu na figura de Asorey moitos dos nosos valores como pobo: “O traballo, o esforzo, a esixencia, a xenerosidade e o amor pola terra, pola súa cultura e polas súas xentes”, destacou, poñéndoo como exemplo de “rigor, coherencia e compromiso con Galicia”. Francisco Asorey é un dos pioneiros na “renovación da escultura sen renunciar ao seu vínculo coa tradición e  a simboloxía de Galicia, sendo tamén un nexo coa modernidade”, engadiu.

Durante a súa intervención, o conselleiro en funcións resaltou unha das obras máis emblemáticas de Asorey: a súa Santa, sobre a que confesou sentir un cariño especial. “É unha homenaxe á muller, unha peza que supuxo romper con moitos estereotipos da súa época”, anotou. Esta peza estivo por primeira vez en Galicia na exposición Galicia, un relato no mundo, o que supuxo un motivo “de orgullo e celebración”. Hoxe, a Santa está exposta no Museo Zorrilla de Montevideo, converténdose “nun lugar de peregrinación e de encontro para galegos de todas as partes do mundo”, afirmou.

Román Rodríguez anuncia que a “Santa” de Asorey xa pode visitarse no Museo Zorrilla de Montevideo

O acto celebrouse en Cambados, terra natal de Asorey, a que Román Rodríguez se referiu como “terra de escultores”. Cambados é “unha enorme fonte de inspiración pola súa natureza, pola aposta pola cultura e polas súas xentes, por iso non é casualidade que grandes artistas pertenzan a este lugar”. Ademais de Francisco Asorey, deste concello galego tamén son Paco Leiro, un dos escultores máis imaxinativos do panorama global, e Manolo Paz, un dos máis persoais da escultura galega.

Labor a prol da arte

O titular de Cultura en funcións tamén aproveitou a súa intervención no acto para aplaudir o traballo que realiza ao longo do ano a Real Academia de Belas Artes, coa que a Xunta colabora asiduamente, incrementando significativamente a achega orzamentaria. “Contade coa colaboración do Goberno galego para continuar con este nobre e máis que necesario traballo de difusión das nosas artes e da nosa cultura”, dixo, recoñecendo os esforzos que realiza a institución a prol do legado artístico e do talento creativo.

Esta cita é unha máis das que están pensadas para celebrar o Día das Artes Galegas, un “dos acontecementos fundamentais do noso calendario cultural, pois é necesario para dar visibilidade aos artistas que contribuíron á construción da nosa terra”, anotou Román Rodríguez. Para continuar homenaxeando a Asorey, a Xunta de Galicia prepara na Cidade da Cultura unha gran exposición comisariada por Miguel Fernández que se inaugurará no primeiro trimestre do 2025.

- Publicidade -spot_img