spot_img
InicioVal MiñorNigránO Alcalde de Nigrán recibe no Templo Votivo de Panxón aos asistentes...

O Alcalde de Nigrán recibe no Templo Votivo de Panxón aos asistentes ao simposio “Antonio Palacios: Obra e Legado”

o-alcalde-de-nigran-recibe-no-templo-votivo-de-panxon-aos-asistentes-ao-simposio-antonio-palacios-obra-e-legadoUnha trintena de expertos de toda España participan desde o xoves nas xornadas organizadas polo Museo de Pontevedra coincidindo co 150 aniversario nacemento do célebre arquitecto porriñés

Revista Cousas de nº21

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibíu este mediodía no Templo Votivo á trintena de asistentes ao simposio ‘Antonio Palacios: obra e legado’ que desde o xoves se celebra no Museo de Pontevedra como parte dos actos polo 150 aniversario do nacemento do célebre arquitecto porriñés. Dan man do rexedor e do propio párroco da igrexa de Panxón, José Diéguez, os expertos puideron coñecer in-situ a que está considerada como a obra relixiosa máis representativa de Palacios e unha das edificacións máis destacadadas de todo o século XX en Galicia. Asimesmo, o rexedor entregoulles cadanseu libro ‘O legado de Antonio Palacios en Nigrán’, editado polo Concello a través de Engaiolarte e escrito polo especialista Álvaro Bonet, un dos organizadores do simposio.

“Temos a sorte de contar en Nigrán coa obra relixiosa más importante de Antonio Palacios e cun chalé da súa autoría que reflexa tamén a versatilidade do que foi o gran deseñador de Madrid”, explicoulles González, quen mencionou tamén os debuxos que realizou o arquitecto sobre os elementos románicos da igrexa de Santiago de Parada. Precisamente, o Concello de Nigrán, aproveitando este 150 aniversario, reivindicou en Fitur a través dun folleto editado ex-profeso e dunha visita ao Colexio de Arquitectos a súa obra en Nigrán “como verdadeiro reclamo turístico”.

Templo Votivo do Mar

Probablemente á obra cume de arquitectura relixiosa do galego Antonio Palacios (1874-1945), considerado un dos grandes mestres do rexionalismo e con obras recoñecidas internacionalmente como o Palacio das Comunicacións de Madrid ou o Círculo de Belas Artes. Palacios inspirouse no veciño arco visigótico que formaba parte da antiga igrexa de San Juan (e que el mesmo librou da demolición polo seu gran valor histórico) iniciando a construción do Templo Votivo do Mar dedicado á Virxe do Carmen en 1932 e finalizándoo en 1937.

O seu estilo é complexo de definir, xa que recolle elementos de moi diversas procedencias, emprega a pedra espida dentro dunha tipoloxía rexionalista e destacan marcados trazos góticos e mesmo islámicos se observamos a trazaría interior da cúpula con policromía de inspiración bizantina e decoración neomudéxar (o construtor nigranés José Mogimes seguiu os seus deseños para, xunto aos mozos de Panxón, configurar os espectaculares mosaicos de azulexo que cobren as bóvedas do templo e que representan diferentes escenas: a Anunciación da Virxe, a Coroación, a Virxe do Carmen

- Publicidade -spot_img