spot_img
InicioO SalnésCambadosRomán Rodríguez anuncia que a "Santa" de Asorey xa pode visitarse no...

Román Rodríguez anuncia que a “Santa” de Asorey xa pode visitarse no Museo Zorrilla de Montevideo

roman-rodriguez-anuncia-que-a-santa-de-asorey-xa-pode-visitarse-no-museo-zorrilla-de-montevideo
Román Rodríguez,-no centrpo da imaxe- visita a escultura da “Santa” de Asorey

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou xunto co ministro de Educación e Cultura do Uruguai, Pablo da Silva, o Museo Zorrilla, onde xa pode verse a escultura A Santa de Asorey, que pertenceu á Casa de Galicia de Montevideo e que foi adquirida polo Goberno autonómico este ano

Revista Cousas De Nº19

Así, a incorporación desta figura á colección da antiga casa de veraneo do poeta José Luis Zorrilla e de San Martín culmina con éxito un proceso de moitos meses de traballo entre a Xunta de Galicia e o Goberno uruguaio. Ademais, tal e como se explicou no acto no que tamén estivo o embaixador de España no Uruguai, Santiago Jiménez, e a coordinadora do Museo Zorrilla, Cecilia Bertolini, o acordo posibilita que, por primeira vez, a figura do escultor Asorey estea exposta ao público de xeito permanente.

Na súa visita, o responsable de Cultura no Goberno galego celebrou “o día de orgullo e celebración que supón para o pobo galego que A Santa estea por primeira vez e de xeito continuado exposta ao público nun museo”. “Recuperamos para o patrimonio público esta icónica figura, unha obra cargada de simbolismo que supuxo rachar con moitos estereotipos da época polo xeito no que se representa a muller galega”, destaca o conselleiro antes de referirse ao acordo que o fixo posible como un reflexo “do traballo compartido entre dous pobos”. “A Galicia contemporánea non se entendería sen o legado da emigración neste continente”, engadiu.

Pola súa banda, o ministro de Educación e Cultura do Uruguai aproveitou a ocasión para facer un chamamento para que esta escultura se converta “nun lugar de peregrinación e de encontro para galegos de todas partes do mundo”. “Esta é unha xornada de festa despois dun proceso largo para construír acordos coa Xunta de Galicia para que esta obra tan icónica e tan representativa da colectividade galega teña un lugar aberto ao público no que poida ser visitada por xente de todo o mundo”, afirmou.

Patrimonio artístico e documental

Ao abeiro deste acordo, o Goberno galego adquiriu boa parte dos bens, entre os que se inclúen obras artísticas que teñen relación coa Galicia do exilio, como a Santa de Asorey, integrada agora na colección permanente do Museo Zorrilla de Montevideo. Tamén fondos documentais e bibliográficos, entre outros obxectos. De feito, o patrimonio documental integrado por libros de actas viaxou xa a Galicia e permanece custodiado no Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, en proceso de dixitalización.

roman-rodriguez-anuncia-que-a-santa-de-asorey-xa-pode-visitarse-no-museo-zorrilla-de-montevideo

 

A Santa do cambadés Francisco Asorey pertenceu á Casa de Galicia de Montevideo entre 1951 e 2021. Posteriormente, foi comprada pola Xunta de Galicia. Foi testemuña do valioso e amplo patrimonio cultural galego do século XX preservado nos centros e sociedades galegas de América e representa unha labrega galega cun corpo espido marcado polo duro traballo portando ademais un xugo de vacas, o que potencia a mensaxe de traballo.

- Publicidade -spot_img