spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal, sede no Baixo Miño da Liga Nacional de Futbolín

O Rosal, sede no Baixo Miño da Liga Nacional de Futbolín

o-rosal-sede-no-baixo-mino-da-liga-nacional-de-futbolin
Diego Barciela, campión nacional (á esquerda) cos rosaleiros Yeya, Marcos e Borja

Os primeiros enfrontamentos da competición disputaranse este sábado 4 de novembro a partir das 16.00 horas na sede da Editorial Tamuxe

Revista Cousas De Nº19

O Rosal convértese na sede no Baixo Miño da Liga Nacional de Futbolín. Este sábado 4 de novembro disputaranse os primeiros encontros da competición deste xogo tradicional con moita afección na comarca, que conta con dous antigos campións de España en movementos F-2 en 201, Carlos Álvarez, Sevi, e Dani Rodríguez, Tanza.

Nesta ocasión, a Liga reúne a 14 equipos con xogadores e xogadoras do Rosal, Tomiño e A Guarda que disputarán nas vindeiras semanas esta competición estatal. Segundo a Liga Nacional de Futbolín haberá premios en metálico e trofeos para os mellores clasificados e clasificadas e pases gratuítos para xogar o Campionato de España 2023 que se celebrará en Lalín os vindeiros 2 e 3 de decembro.

O Concello do Rosal apoia esta iniciativa xunto a comercios e locais de lecer do Baixo Miño, como a Cafetería Nenza Xida, Bar Troya, Pub Jota Jota, Rodrimar, Cerrajería Vintanox, O Lavado de Jorge, Nahomar Electrodoméseticos, Decoraciones Delosan ou o Spartan Team Tomiño. Forman parte así dun proxecto deportivo-cultural posto en marcha e xestionado pola Libraría e Editorial Tamuxe e que culminou coa recente creación de Planeta Futbolín, unha web especializada neste xogo.

Será precisamente na sede da Editorial Tamuxe, que conta co único futbolín profesional Presas EVO do Baixo Miño, na que se dispute esta Liga Nacional. Os primeiros enfrontamentos, abertos a todos os públicos, poderán desfrutarse este sábado a partir das 16.00 horas.

- Publicidade -spot_img