spot_img
InicioBaixo MiñoRoi Rodríguez do Kayak Tudense logra a súa primeira medalla en categoría...

Roi Rodríguez do Kayak Tudense logra a súa primeira medalla en categoría absoluta

K4 CEUROPA MOSCU2016

As sete finais disputadas hoxe en Moscova deixaron dúas medallas galegas.

O deportista do Club Kayak Tudense Roi Rodríguez conquistou a medalla de bronce no Campionato de Europa Canoe Sprint na modalidade de K-4 500 metros, formando embarcación con Francisco Cubelos, Albert Martí e Diego Cosgaya.

O tudense lograba así a súa primeira medalla internacional na categoría absoluta, sen dúbida un gran éxito para un padeeiro tan novo que nos deixará grandes alegrías no futuro. A carreira que lle deu esta medalla foi moi rápida e igualada na liña de meta, mostra disto foi que a tripulación española compartiu a medalla de bronce co equipo ruso, ao decidir os xuíces que ambos os equipos fixeron o mesmo tempo, húngaros e eslovakos ocuparon o primeiro e segundo lugar no podio.

A outra medalla galega leváballa na modalidade de Paracanoe a deportista do Breogán de O Grove María Calvo que terminou segunda en VL3 200 metros, a primeira posición foi para a padeeira de Rusia Larisa Volik.

O resto das finais disputadas durante a mañá de hoxe deixáronnos uns resultados máis discretos. Diego Romero terminou o seu final do C1 1000 metros en oitava posición moi lonxe das medallas, esta proba gañouna o campión olímpico alemán Sebastian Brendel.

Ana Varela formando K4 con Sara Ouzande, Isabel Contreras e Begoña Lazakano alcanzaron a oitava posición na final de 500 metros. Pola súa banda o C2 de André Oliveira e David Fernández foi noveno na final de 1000 metros.

Especial atención merece o resultado obtido pola parella formada por Rubén Millán e Gabriel Campo que foron quintos na súa participación no K2 1000 metros loitando moi de preto polas medallas con catro embarcacións que están clasificadas para os xogos olímpicos de Río 2016, demostrando que teñen o nivel necesario para seguir loitando polo seu soño olímpico os próximos anos.

Mañá terán a posibilidade de tentar subir ao podio na final do K2 500 metros que se celebrará ás 11:23 hora española.

Polo que respecta á distancia de 200 metros, na tarde de hoxe celebráronse todas as eliminatorias e semifinais. O duo do Club Piragüismo Poio formado por Sergio Vallejo e Adrián Sieiro accederon á final que se disputará mañá ás 13:56 ao terminar a súa semifinal en terceira posición.

A xornada dominical que pechará o campionato terá mañá máis protagonismo galego. Diego Romero e Gabriel Campo participarán nas finais do C1 e K1 respectivamente na distancia de 5000 metros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.