Inicio Pontevedra Rio de Janeiro alberga outra das grandes citas mundiais de Vela con...

Rio de Janeiro alberga outra das grandes citas mundiais de Vela con importante presencia galega

Os Alonso, a Paz e o tándem Echegoyen/Betanzos no escenario náutico de Río de Janeiro

 O Intergaláctico de Brasil próxima cita para os 49er e FX españois

 A cidade carioca alberga outra das grandes citas mundiais de ambas as clases tras o Suramericano de Vela

A cidade carioca alberga outra das grandes citas mundiais de ambas as clases tras o Suramericano de VelaO Intergaláctico de Brasil é a nova cita deportiva para os membros do Equipo Olímpico Español de Vela das clases 49er Masculino e FX Feminino.

Tras o Campionato Suramericano de Vela, disputado a semana pasada, a cidade carioca de Río de Janeiro volve albergar outra das grandes regatas mundiais de ambas as especialidades.

Novamente sairán a escena as tripulacións formadas polos irmáns asturianos Alonso, Federico e Arturo (O Gaiteiro) do Real Club Astur de Regatas, que finalmente acabaron no posto número 16 da listaxe. Os galegos Paz, Carlos e Antón (Deporte Galego-Dip. Pontevedra-Zhik-Cousin) do Liceo Casino de Vilagarcía, finalizaron a regata brasileira no 19.

A tripulación feminina do FX español, formada polo tándem galego/cántabro Támara Echegoyen e Berta Betanzos (Movistar) RCN Sanxenxo/RCM Santander, logrou meterse na final das Medal Races, ocupando un extraordinario sétimo posto.

A duración da competición está programada a catro xornadas, finalizando o vindeiro venres 14 de novembro, contando sempre coa diferenza horaria respecto de España.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies