Inicio Pontevedra En Baiona está todo listo para acoller a Final do Campionato de...

En Baiona está todo listo para acoller a Final do Campionato de España de Cruceiros Zonas Marítimas, no que exerce de anfitrión o Monte Real Club de Yates

*O seis aspirantes ao título nacional, entre os que hai dúas tripulacións galegas, competirán en barcos idénticos cedidos polo Monte Real

* Na presentación do evento, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, agradeceu o traballo do Monte Real para a promoción turística da vila a través das actividades que impulsa

En Baiona xa está todo listo para a final do Campionato de España de Cruceiros Zonas Marítimas -Trofeo Pobos Colombinos de España que se celebra este fin de semana no Monte Real Club de Yates.

O club baionés exerce de anfitrión dunha competición organizada pola Real Federación Española de Vela para promocionar a vela de cruceiro en España. Trátase dunha cita deportiva de alto nivel na que estarán presentes algúns dos mellores patróns e regatistas do circuíto nacional da clase cruceiro.

Entre os participantes hai dous barcos tripulacións galegas, os Aceites Abril, de Luís Pérez Canle, e o Movistar, de Pedro Campos.

Un importante traballo para a promoción turística e deportiva

En Baiona está todo listo para acoller a Final do Campionato de España de Cruceiros Zonas Marítimas, no que exerce de anfitrión o Monte Real Club de YatesNa presentación da final do campionato, esta mañá no Concello de Baiona, o alcalde do municipio, Jesús Vázquez Almuíña, destacou o importante traballo realizado desde o Monte Real Club de Yates para a promoción turística e deportiva de Baiona.

Unha institución á que -lembrou- a corporación municipal outorgoulle a medalla de ouro da vila en 1996, e nomeou fillo predilecto ao seu presidente, don Rafael Olmedo Limeses.

O presidente da Real Federación Española de Vela, José Anxo Rodríguez, non escatimou tampouco palabras de eloxio para o club baionés, do que destacou a calidade das súas instalacións e a beleza do enclave no que se sitúa.

Á rolda de prensa de presentación do campionato tamén asistiu o Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, quen sinalou a importancia do Monte Real para o impulso deportivo da comarca.

O vicecomodoro do Monte Real, Alejandro Retolaza, que tamén participou no evento, mostrouse moi agradecido polo recoñecemento das distintas autoridades, tanto nacionais, como autonómicas e locais. Asegurou que é nesa liña na que o club vai seguir traballando durante os próximos anos.

Cinco tripulacións campioas e unha invitada

A Final do Campionato de España de Cruceiros de Zonas Marítimas-Trofeo Pobos Colombinos é un título ao que aspiran o cinco embarcacións que resultaron gañadoras nos campionatos de zona celebrados, ao longo deste 2014, en distintos puntos de España.

Botaranse ao mar o Salem, de Carlos Marton; o Icue IV, de Carlos Sáez; o Canarias Explosivo, de Lucio Pérez, e dous barcos galegos, os Aceites Abril, de Luís Pérez Canle, e o Movistar, de Pedro Campos.

A este cinco tripulacións uniráselles unha sexta elixida o club anfitrión. Será a formada polo equipo da medallista olímpica Sandra Azón, recente gañadora do Trofeo Ladies Cup do Monte Real Club de Yates.

Un fin de semana de regatas

As probas da Final do Campionato de España de Cruceiros de Zonas Marítimas-En Baiona está todo listo para acoller a Final do Campionato de España de Cruceiros Zonas Marítimas, no que exerce de anfitrión o Monte Real Club de YatesTrofeo Pobos Colombinos desenvolveranse os días 15 e 16 en augas da baía de Baiona.

Os equipos participantes competirán en igualdade de condicións. Sairán ao mar en barcos idénticos, seis First Class Fígaro cedidos polo club baionés para a ocasión.

As previsións do Comité de Regata son celebrar un total de sete probas: catro na xornada do sábado e tres na do domingo. As mangas serán técnicas, con probas barlovento-sotavento nas que será máis fácil medir a destreza das tripulacións.

Unha vez finalizada a competición haberá unha entrega de premios. Será o domingo ao tres da tarde nas instalacións do Monte Real Club de Iates.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies