spot_img
InicioGaliciaRio de Janeiro alberga outra das grandes citas mundiais de Vela con...

Rio de Janeiro alberga outra das grandes citas mundiais de Vela con importante presencia galega

A cidade carioca alberga outra das grandes citas mundiais de ambas as clases tras o Suramericano de Vela

 

Os Alonso, a Paz e o tándem Echegoyen/Betanzos no escenario náutico de Río de Janeiro

 A cidade carioca alberga outra das grandes citas mundiais de ambas as clases tras o Suramericano de Vela

O Intergaláctico de Brasil é a nova cita deportiva para os membros do Equipo Olímpico Español de Vela das clases 49er Masculino e FX Feminino.

Tras o Campionato Suramericano de Vela, disputado a semana pasada, a cidade carioca de Río de Janeiro volve albergar outra das grandes regatas mundiais de ambas as especialidades.

Novamente sairán a escena as tripulacións formadas polos irmáns asturianos Alonso, Federico e Arturo (O Gaiteiro) do Real Club Astur de Regatas, que finalmente acabaron no posto número 16 da listaxe. Os galegos Paz, Carlos e Antón (Deporte Galego-Dip. Pontevedra-Zhik-Cousin) do Liceo Casino de Vilagarcía, finalizaron a regata brasileira no 19.

A tripulación feminina do FX español, formada polo tándem galego/cántabro Támara Echegoyen e Berta Betanzos (Movistar) RCN Sanxenxo/RCM Santander, logrou meterse na final das Medal Races, ocupando un extraordinario sétimo posto.

A duración da competición está programada a catro xornadas, finalizando o vindeiro venres 14 de novembro, contando sempre coa diferenza horaria respecto de España.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.