spot_img
InicioO SalnésRibadumia - Red Natura 2000. O proxecto subvencionado permitirá mellorar a paisaxe...

Ribadumia – Red Natura 2000. O proxecto subvencionado permitirá mellorar a paisaxe e favorecer o desenvolvemento de usos recreativos previstos coa execución do paseo fluvial

 O Concello de Ribadumia recibe unha subvención da consellería de medioambiente o abeiro da convocatoria de medidas a concellos incluídos na Red Natura

 O proxecto subvencionado permitirá mellorar a paisaxe e favorecer o desenvolvemento de usos recreativos previstos coa execución do paseo fluvial

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas outorgou o Concello de Ribadumia unha subvención o abeiro da convocatoria para os concellos da Rede Natura 2000 para as anualidades 2014 e 2015. A entidade local que presentou un proxecto co que pretende mellorar a paisaxe agraria no encontro dos ríos Umia e Armenteira na parroquia de Barrantes co obxectivo de rexenerar a zona afectada, mellorar as marxes fluviais e protexer a riqueza medioambiental do lugar.

Así crearase un espazo que cumpra unha dobre función: servir de zona de ocio para os veciños de todas as idades coa instalación de elementos de recreo e situar un espazo de interpretación da natureza mediante paneis informativos dos distintos ecosistemas de especies vexetais.

Ribadumia se atopa dentro dos concellos incluídos na Rede Natura 2000, e concretamente na zona intermareal Umia-O Grove. O proxecto proposto conta cun orzamento de aproximadamente 25.000 euros, dos que a consellería financiará 19.900.

As actuacións divídense en dúas fases. A primeira, consistente no valado, limpeza e delimitación do entorno da senda está a piques de rematar. A segunda fase realizarase no vindeiro ano 2015.

- Publicidade -spot_img