spot_img
InicioO SalnésIV Gran Premio de Slálom de Ribadumia

IV Gran Premio de Slálom de Ribadumia

Ribadumia . IV Gran Premio de SlálomO concelleiro de Deportes de Ribadumia, Jorge Abal, o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; e o adestrador do Náutico O Muíño, Jose Manuel Vázquez, presentaron esta mañá o IV Gran Premio Concello de Ribadumia de Slálom, que se disputa este domingo coa participación de mais de 100 nenos das categorías infantil, alevín e benxamín.

 

A proba comezará ás 15.30 horas en Cabanelas. Habilitarase un circuíto no entorno da ponte e do refuxio de pescadores, polo que o público poderá disfrutar de todo o percorrido. Os mais de cen inscritos sairán en contrarreloxo polas dezaseis portas habilitadas. O Náutico O Muíño de Ribadumia contará con 30 participantes. Ademais do equipo ribadumiense, tamén participarán os clubs Penedo de Caldelas de Tui, Liceo de Vilagarcía, Tea de Mondariz, Dumbría, Montaña Quixos de Monforte e Teixugos de Tomiño.

- Publicidade -spot_img