O servizo de información empresarial Ardán realizará un estudo económico da comarca do Val Miñor Realizar un estudo económico específico da comarca do Val Miñor a través de Ardán e que a asociación empresarial OVALMI actúe como antena de difusión das actividades que levan a cabo en Porto do Molle son dous dos principais acordos aos que se chegou na reunión mantida entre Teresa Pedrosa e a nova directiva dos empresarios do Val Miñor que preside José Luís Froiz no Centro de Negocios de Porto do Molle. Froito desta colaboración recíproca entre o Consorcio, como axencia de desenvolvemento económico local, e Ovalmi como asociación representativa do comercio e a industria desta comarca, tamén estará a difusión de información permanente das ofertas de parcelas dispoñibles no parque empresarial que xa é unha referencia para a instalación de novos negocios que activen a economía e o emprego de Nigrán, Gondomar e Baiona. No transcurso da reunión, Pedrosa trasladou aos representantes empresariais a invitación para que todos os seus asociados poidan asistir ás diferentes actividades de formación e networking que se realizan no Centro de Negocios onde, segundo indicaron os empresarios, estarían moi interesados en poder trasladar nun futuro as súas instalacións.
Reunión da Zona Franca coa nova directiva de Ovalmi para impulsar obxectivos comúns
[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]



