Inicio Latinoamérica Arxentina Reunión con autoras e autores galegos que participarán na Feira do Libro...

Reunión con autoras e autores galegos que participarán na Feira do Libro de Buenos Aires 2016

reunion-con-autoras-e-autores-galegos-que-participaran-na-feira-do-libro-de-buenos-aires-2016

As actividades de proxección da cultura galega en Ámerica contarán coa presenza 25 escritores e escritoras.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Santiago de Compostela mantiveron unha reunión cos autores e autoras que participarán naFeira do Libro de Buenos Aires 2016, para lles presentar as principais liñas da programación cultural que se promoverá con motivo da designación da capital de Galicia como cidade convidada nesta cita internacional.

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, presidiu a xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura coa reunion-con-autoras-e-autores-galegos-que-participaran-na-feira-do-libro-de-buenos-aires-2016participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz G. Loroño; a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Branca Novoneyra; e a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal. A Xunta de Galicia, en coordinación co Concello de Santiago de Compostela e coa colaboración do sector editorial e das principais entidades culturais de Galicia, desenvolverá unha programación cultural na Feira Internacional de Buenos Aires 2016, que terá lugar do 21 de abril ao 9 de maio, coa participación de autores e autoras dos diferentes ámbitos da escrita.

Manuel Rivas, Domingo Villar, Xavier Queipo, María Solar, Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Fina Casalderrey, Pedro Feijoo, Ledicia Costas, Xaquín del Valle-Inclán, Diego Ameixeiras, Cesáreo Sánchez, Chus Pato, Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes, Teresa Moure, Ramón Villares, María Meijide, Xavier Alcalá, Luís G. Tosar, Elena Gallego, Clara Gayo, Antón Lopo, Benigno Campos, Ángel Carracedo participarán nas actividades programadas na capital arxentina para promover o libro galego e dar a coñecer a súa obra no marco dun espazo único de intercambio entre os diferentes actores da industria.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

38FansGóstame
271SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies