spot_img
InicioGaliciaA CoruñaRetiran 325 quilos de lixo nos areais da illa de Sálvora

Retiran 325 quilos de lixo nos areais da illa de Sálvora

Retiran 325 quilos de lixo nos areais da illa de SálvoraDos catro que compoñen o Parque Nacional, o arquipélago de Sálvora era o único no que non se actuara desde a posta en marcha do programa PLANCTON da Obra Social de ABANCA

Revista COUSAS DE nº14

Máis de 80 persoas voluntarias de Actúa, o programa de voluntariado de ABANCA e Afundación, desembarcaron na mañá de hoxe na Illa de Sálvora, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para levar a cabo unha dobre xornada de limpeza de lixo mariño e de retirada de flora exótica invasora no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial impulsado pola entidade que xa leva retiradas preto de 25 toneladas de refugallos de diferentes enclaves mariños da costa galega. A xornada contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; a coordinadora xeral de RSC de Afundación, Pilar Alves; a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, e a directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén Do Campo.

Ao longo de toda a mañá, as persoas voluntarias convocadas para esta nova actividade de retirada de residuos, a oitava no que vai de ano, traballaron arreo en catro dos areais da illa, concretamente os de Almacén, Bois, Zafra e Lagos, onde conseguiron retirar 325 quilos de refugallos, principalmente obxectos plásticos de orixe terrestre como restos de envases, bolsas ou envoltorios, tapas e tapóns, máscaras, gafas, bastonciños, cabichas, así como outra serie de obxectos típicos extraviados durante o exercicio da pesca que adoitan a aparecer neste tipo de actuacións de limpeza, como poden ser pequenos anacos de redes, escumas plásticas, sedelas enmarañadas, cabos e cabiños, tarugos plásticos das bateas, etc. Tamén atopáronse varios palés e restos de madeiras con pinturas e cravos.

Esta tarde, parte do grupo colaborará na retirada da illa de diferentes especies de flora exótica invasora, como o caso de Amaryllis belladona, unha planta bulbosa de orixe surafricana empregada con fins ornamentais, pero que amosa un marcado comportamento invasor, medrando cada vez en máis lugares de xeito espontáneo e incontrolado.

Con estas actividades, tanto ABANCA como Afundación pretenden promover entre a sociedade a conciencia sobre a importancia actuar de xeito responsable para manter os recursos existentes sen poñelos en risco para as xeracións futuras, todo elo dentro do seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente cos ODS13 Acción polo clima, ODS14 Vida submariña e ODS17 Alianzas para lograr obxectivos.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]