spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela transformará as cabinas telefónicas da vila en bibliotecas

Redondela transformará as cabinas telefónicas da vila en bibliotecas

Redondela transformará as #cabinas telefónicas da vila en bibliotecasA idea, ofrecida pola Concellería de Normalización Língüística, consiste en ofrecer libros para compartir que estarán a disposición nas denominadas “Cabinas literarias”. Estas estarán situadas na Fonte de Santiago, Praza da Constitución e Praza de Ribadavia.
Baixo o nome de “A cabina literaria”, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela coordinado pola alcaldesa Digna Rivas, promove a reutilización das antigas cabinas telefónicas en espazos literarios.
Esta proposta, posta en práctica noutras cidades europeas, pretende aproveitar o mobiliario en espazos públicos para converterse en espazos culturais abertos. Neste sentido, a idea consiste en ofrecer libros para compartir que estarán a disposición nas denominadas “Cabinas literarias”. Estas estarán situadas na Fonte de Santiago, Praza da Constitución e Praza de Ribadavia.
“A promoción da lectura é un dos obxectivos máis importantes da concellería que teño o pracer de dirixir, destacando por suposto a lingua galega. Queremos que Redondela sexa unha vila amiga dos libros”, explicaba Rivas.
Dende Normalización “lingüística impulsamos proxectos coa intención de ser transversais e interactivos, directamente pensados para os nosos veciños e veciñas”, engade Rivas, “por iso nas cabinas ofreceremos o acceso aos Libros das Parroquias, proxecto tamén de Normalización Lingüística”.
Ademais, os exteriores da cabina contarán con información sobre o procedemento de préstamos dos libros, unha especie de instrucións, que tamén trata de implicar a veciñanza na iniciativa.
A carón disto, o concello ilustrará unha parte exterior da cabina con información sobre a historia do teléfono e a algunha curiosidade sobre a centraliña de teléfonos existente en Redondela, no edificio Royalty, na metade do século pasado.
“Os teléfonos de cabina son un elemento singular, posto que para as novas xeracións resulta un obxecto museístico que non usaron nunca. Por este motivo queremos mantelos e conservalos, pero cunha utilidade práctica”, conclúe Rivas.
- Publicidade -spot_img